CADERNOS DA VIAXE. Como nos vén de lembrar o estudo do antigo presidente da Xunta Fernando G. Laxe e o xornalista José Luís Gómez, a Marca-País é esencial para a identificación da economía e cultura dun país no contexto dos mercados internacionais. A Marca-País esixe de amplos consensos na construción dunha imaxe corporativa común, na que non só han participar os Gobernos e demais axentes institucionais e empresariais, senón as institucións cívicas e culturais. Porque a Marca Galicia require do consenso cos empresarios e demais sectores económicos, mais tamén do acordo coa sociedade civil e cos sectores máis dinámicos e activos da cultura e da cidadanía.
Malia que no noso País botáranse importantes alicerces para a Marca Galicia (Galicia Calidade foi a máis importante achega), moi decote esqueceuse tamén da proxección de Galicia non só como territorio de moi altas cualidades produtivas no sector agroalimentario, senón tamén da proxección doutros sectores produtivos vencellados con outras tecnoloxías, do seu turismo e da súa identidade cultural. Neste senso, os Centros galegos no exterior constitúen unha oportunidade moi aprezábel para espallar Marca-País, malia que haberíamos ter en conta o devalo demográfico e de actividades de moitos destes Centros, pezas esenciais para apoiar nesta rede de galeguidade e identidades partilladas parte destas estratexias.
Iberoamérica, a lusofonía, as Illas Británicas e a Europa central, setentrional e occidental, xunto co pulo do Camiño xacobeo (outro dos nosos principais recursos para presentarmos ao mundo) na Corea e no Xapón son os ámbitos máis permeábeis para espallar esta Marca-Galicia, esencial no que atinxe á nosa promoción turística (que non pode repenicar o modelo español de sol e praia), ás nosas producións alimentarias e forestais e á presentación das nosas realizacións no ámbito empresarial e institucional do coñecemento, incluída a acción exterior das nosas Universidades e demais axentes da investigación e innovación.
Mais a Marca-Galicia, como lembran Laxe e J.L. Gómez, precisará sempre dunha identificación cultural para sermos coñecidos como País. Sen a definición exterior da nosa identidade será imposíbel a identificación dos nosos produtos, recursos e realizacións humanas. O que sería fulcral para a nosa recuperación económica.
Xoán Antón Pérez-Lema



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



