María del Carmen Gueimunde González, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
Ás portas do mes de agosto e vésperas das festas patronais a iluminación ornamental da igrexa de San Francisco de Viveiro segue sen lucir. Os potentes focos que iluminaban a fachada situados no segundo piso da vivenda que se ergue enfronte mesmo do monumento, hai meses que están apagados, polo que á noitiña a visibilidade no xardín que circunda o convento e na mesma praza ou atrio dificulta o tránsito dos veciños e viandantes polo lugar e facilita a entrada de intrusos no claustro en horario nocturno que aproveitan a penumbra e a escasa vixilancia para perpetrar as súas fechorías.
Sabendo que nos claustros de San Francisco se ubican diversas dependencias municipais e relixiosas rogamos á alcaldesa desta corporación proceda a corrixir esta situación restaurando a iluminación de inmediato polo ben dos veciños e dos turistas que nestes días se achegan a Viveiro para disfrutar dos seus paraxes e dos seus monumentos en todo o seu esplendor. E dado que son moitas as persoas que dispoñen de chave de acceso a este espazo solicitamos á rexedora tome as medidas oportunas para garantir a seguridade nas inmediacións do claustro reforzando a porta exterior ó mesmo e establecendo un control de apertura e peche para evitar que se repitan roubos e desperfectos na sancristía, nas máquinas expendedoras ou nas propias oficinas municipais.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



