Lugo, 29 de agosto de 2014.- O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou este venres que “o único que lle molesta ó Partido Popular é que a Deputación de Lugo cree emprego. Moléstalles porque esta administración leva investido na provincia luguesa máis de 13 millóns de euros en emprego fronte ós 4 millóns de euros da Xunta do PP dos que presume, cando teñen un orzamento 100 veces superior ó desta institución e as competencias directas na materia. Vamos seguir poñendo en marcha novos plans de emprego, por moito que lle moleste ó PP”.
Martínez lembroulle ós populares que o Contencioso administrativo número 1 dictou unha sentenza firme, avalando as bases e o proceso de selección de case 1.000 traballadores para o Lugo Emprega, logo da denuncia presentada pola CIGA. “A xustiza deu a razón á Deputación, destacando que foi un proceso totalmente legal e correcto, que supuxo que os 67 Concellos da provincia, independentemente da súa cor política, se beneficiasen deste plan de emprego da Deputación”.
Fronte á amplitude do caso levado polo Contencioso administrativo número 1, no que se comprobou o procedemento xeral do Lugo Emprega, o Contencioso administrativo número 2 avaliou o proceso de selección que atinxiu só a 4 persoas. O caso chegou ó TSXG tras o recurso presentado pola Deputación, que unicamente determinou a necesidade de volver a cualificar a estas 4 persoas. “Como non pode ser doutra forma, como administración respectuosa coa xustiza, a Deputación acata a sentenza, polo que o Servizo de Persoal está a estudar a fórmula para recualificar a estas 4 persoas”.


















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



