Mondoñedo, 6 de agosto de 2014. O Centro Comarcal de Mondoñedo acolle até o día 17 de agosto a exposición Nunca Máis, a rebelión dun pobo, unha mostra fotográfica, que pretende chamar a atención sobre todo o que supuxo, dende o eido social e cultural, o Movemento Nunca Máis, consecuencia do embarracamento nas costas galegas con 77.000 toneladas de fuel do petroleiro Prestige aquel 13 de novembro de 2002.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, que esta tarde visitou a mostra acompañado polo alcalde mindoniense, Orlando González Cruz, explicou que esta exposición “representa a dignidade que os galegos e as galegas demostraron naqueles días de confusión e desesperación ante unha traxedia que se converteu en catástrofe grazas á despreocupación e á ineficiente xestión dun Goberno que deixou só e desprotexido a todo un pobo. Coa acción reivindicativa de Nunca Máis, mostrouse o orgullo de ser galego ou galega, o orgullo de pertencer a un pobo que defende e protexe o seu. Nunca Máis foi a chispa dun dos movementos sociais e culturais máis importantes do país durante os últimos cen anos”.
“A arte –continuou o vicepresidente da Deputación– é a expresión do que acontece e sinte unha sociedade e por iso, ao redor de Nunca Máis xerouse todo un movemento cultural do cal forma parte esta exposición. Os artistas tomaron o pulso do país nun momento de tristeza e pesadume do que naceron importantes obras no eido da escrita, das artes plásticas e da música. A cultura galega de principios do século XXI xa non se pode explicar sen facer referencia ao afundimento do Prestige, á catástrofe que provocou, e á marea humana que ao seu carón xurdiu e que se plasmou en todas as ramas da cultura”.
Esta mostra itinerante, comisariada polo historiador Uxío Breogán Diéguez, e que estivo xa exposta no Museo do Mar de San Cibrao e no Conservatorio de Viveiro, poderá verse no Centro Comarcal mindoniense ata o domingo 17 de agosto e rematará o seu percorrido pola comarca da Mariña en Ribadeo na última quincena do mes de agosto.
Coa creación desta exposición, que durante estes meses de verán está itinerando por diversos concellos da comarca, no afán de que chegue ao maior número de mariñás e mariñáns, a Vicepresidencia da Deputación pretende facer unha homenaxe a todo o pobo galego, a todos aqueles que se achegaron a Galiza para axudar, e ao traballo da Plataforma Nunca Máis. A próxima parada desta exposición será Ribadeo, onde poderá verse na Oficina de Turismo do 19 ao 31 de agosto.
Proxección do filme ‘Encallados’
Paralelamente e para completar esta mostra, o Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá, o vindeiro mércores 13 de agosto, ás 20:30 horas a proxección do filme Encallados, que tamén poderá verse en Ribadeo o 26 de agosto no Teatro ás 20:30 horas.
Encallados, que recibiu tres premios Mestre Mateo á mellor película para TV, á mellor dirección de fotografía e á mellor montaxe, é unha comedia rodada en Santiago de Compostela, en branco e negro, en 16 mm. Unha mirada ao noso cine e ao contexto no que vivimos chea de honestidade, autocrítica, melancolía e humor, coa catástrofe do Prestige de fondo. Unha película que nace a partir do fracaso de intentar facer outra, cando a Zarauza lle encargaran a realización dunha película sobe o Prestige, imposible de levar a cabo tendo en conta as condicións económicas e de traballo impostas. Profesionais do cinema lucenses como Luís Tosar, forman parte deste proxecto cinematográfico.
Neste sentido, Antonio Veiga agradeceu a todo o equipo da película “por facernos máis coñecedores dun dos peores episodios da historia galega recente; un fito que fixo que a sociedade galega se erguera xerándose un dos movementos sociais e culturais máis importantes do país durante os últimos cen anos, como é Nunca Máis”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



