Mondoñedo, 12 de agosto de 2014. O filme Encallados, do director galego Alfonso Zarauza e no que participan actores tan coñecidos como Luís Tosar, proxectaráse este mércores ás 20:30 horas no Centro Comarcal de Mondoñedo. Esta película, que nos achega á catástrofe do ‘Prestige’ unha década despois, completa a exposición ‘Nunca Máis, a rebelión dun pobo’, que poderá verse neste mesmo lugar até o domingo.
Encallados, que recibiu tres premios Mestre Mateo á mellor película para TV, á mellor dirección de fotografía e á mellor montaxe, é unha comedia rodada en Santiago de Compostela, en branco e negro, en 16 mm. Unha mirada ao noso cine e ao contexto no que vivimos chea de honestidade, autocrítica, melancolía e humor, coa catástrofe do Prestige de fondo. Unha película que nace a partir do fracaso de intentar facer outra, cando a Zarauza lle encargaran a realización dunha película sobe o Prestige, imposible de levar a cabo tendo en conta as condicións económicas e de traballo impostas. Profesionais do cinema lucenses como Luís Tosar, forman parte deste proxecto cinematográfico.
Neste sentido, a película narra os escasos seis días nos que o director, ao que lle dá vida Xulio Abonjo, se enfronta xunto con dous dos membros de Zopilote, os guionistas Xosé Castro “Pato” e Andy Mahía (interpretados por Ricardo de Barreiro e Federico López), a difícil tarefa de contar unha historia que lles toca tan preto sen caer en tópicos ou relatos prefabricados.
Distribución alternativa
A película estreouse a principios do mes de xuño a nivel galego, buscando unha distribución alternativa, “porta a porta”, con proxeccións en teatros, auditorios, centros sociais ou cinemas ao aire libre. E nesa distribución chega mañá a Mondoñedo co apoio da Vicepresidencia da Deputación. O vicepresidente da institución provincial, o nacionalista Antonio Veiga, agradece a todo o equipo da película “por facernos máis coñecedores dun dos peores episodios da historia galega recente; un fito que fixo que a sociedade galega se erguera xerándose un dos movementos sociais e culturais máis importantes do país durante os últimos cen anos”.
Asemade, Antonio Veiga lembra “o compromiso da área de Cultura da Deputación con esta causa, traendo, por exemplo, a Lugo e ás súas comarcas a mostra ‘Nunca Máis. A rebelión dun pobo’, que reflicte ese rexurdir da sociedade galega”; sen esquecerse “do noso apoio ao cinema feito na Galiza e en galego. Proba diso son as nosas colaboracións con festivais de cine de carácter local, a creación do espazo web cinemalugo.tv, ou o compromiso directo con filmes rodados en Lugo como a película Vilamor, ou A Esmorga, esta última rodada a principios deste ano no Pazo de Tor e nas súas inmediacións”.
Logo de verse este mércores en Mondoñedo, o filme rematará a súa xira polos concellos da Mariña grazas ao apoio da Vicepresidencia da Deputación en Ribadeo o martes 26 de agosto no Teatro ás 20:30 horas.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



