O Mercado Medieval de Mondoñedo supera os 20 anos recuperando a Historia con escenificacións, personaxes caracterizados animando as rúas, demostración e venda de produtos artesáns de forxa, canteira, fiandeiras, palilleiras, zocas e coiro, e venda de produtos típicos da terra; exhibicións de cetrería, xogos populares, degustacións gastronómicas gratuítas, exposicións de aves rapaces, pasarrúas e actuacións musicais que encherán de festa e historia a cidade de Mondoñedo ó longo de tres días.
Os actos previstos no programa comezarán o venres 8 de agosto ás 23.00 horas coa xuntanza das Mesnadas Mindonienses na Praza da Catedral e o rendemento de bandeiras ó rei Afonso VII, ademais da visita e cantigas a San Roque como Patrón das Mesnadas Mindonienses. Xa ás 00.30 horas realizarase a entrega de poderes do lume, auga e terra ó Mago Merlín e a purificación das bruxas na rúa Bispo Sarmiento.
O sábado 9 de agosto (Día do Turista) as actividades darán comezo ás 11.00 horas coa saída dende a Casa do Concello da comitiva formada polo Merino, Merina e soldados das Mesnadas Mindonienses cara á Praza da Catedral. Ás 11.30 abrirase o mercado medieval co pregón e haberá pasarrúas a cargo de Pistacatro, Souto Xímaro, Coplas de Cego e Mesnadas Mindonienses. Ás 12.00 horas actuará o cabaleiro medieval polos distintos espazos do mercado e ás 12.30 horas, Kote Malabar na Praza da Catedral. Pistacatro e Souto Xímaro repetirán pasarrúas ás 13.00 e ás 13.30 horas haberá exhibición de cetrería na Praza da Catedral.
Xa pola tarde, ás 17.00 horas, O Cadaval ofrecerá demostración de xogos tradicionais. Posteriormente repetiranse as actuacións do cabaleiro medieval, Kote Malabar e distintos pasarrúas antes e despois das audiencias reais e nomeamentos de damas e cabaleiros que terán lugar na Praza da Catedral ás 18.30 horas.
Arredor das 21.00 horas servirase unha cea medieval a base de polo asado, xamón cocido, empanada, pan e viño por un prezo de 10 euros que inclúe cunca e táboa conmemorativa. Os tickets poderanse adquirir na Oficina de Turismo. Máis tarde, cara ás 23.45 horas, baixo a organización da Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo o grupo de música Fanfarria Taquikardia ofrecerá un concerto na Praza do Concello.
E o domingo 10 de agosto o mercado abrirase de novo ás 11.00 horas amenizado por pasarrúas e as actuacións de Kote Malabar e o cabaleiro medieval. Xa ás 13.00 horas celebraranse as vodas polo rito mozárabe na Fonte Vella de onde partirá a comitiva que percorrerá, posteriormente, a cidade.
Pola tarde repetiranse as exhibicións de cetrería, pasarrúas, actuacións de Kote Malabar e o cabaleiro medieval; ademais da exhibición de xogos tradicionais da man da asociación O Cadaval.
Preparativos
O mércores 6 de agosto xa foron colocados os pendóns polas rúas da cidade. Así mesmo, a praza da Catedral xa está ateigada de verde con acacias e madeira para poder construír os postos característicos desta época.
Voda Medieval organizada por O Pasatempo
E o xoves 7 de agosto, véspera do Mercado Medieval, e dentro das xornadas de cine ó aire libre en colaboración cos Xoves con Xeito, a AC O Pasatempo fará a presentación dun dos seus actos dentro do Mercado Medieval: a Voda Medieval polo rito mozárabe que se celebrará o domingo 10 de agosto arredor das 13.00 horas.
Tamén se proxectarán unha serie de videos das participacións da asociación en anteriores edicións do Mercado Medieval, con especial énfase na voda medieval do ano 2013, que significou o estreno da Fonte Vella como lugar permanente para a celebración das vodas.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



