As festas patronais de San Bartolo 2014 foron presentadas no Salón de Plenos do Concello de Xove este xoves 14 de agosto coa participación do alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín Guerreiro; e Andrés García Piñeiro, José Carlos Cociña Sánchez e Benigno Canoura Eijo, membros da Comisión de Festas San Bartolo.
Programa
As actividades dará comezo o Día de San Bartolo, o domingo 24 de agosto, cunha misa acompañada dun grupo da Orquestra Clásica de Xove ás 13.00 horas. A orquestra Samba amenizará a sesión vermú a partir das 14.00 horas e o grupo de danza tradicional da Coruña “Xacarandaina” participará nunha andaina por Xove pola tarde. E ás 22.00 horas Samba e Charleston Big Band poñerán música á verbena.
Os festexos paralizaranse ata o xoves 28 de agosto que se celebrará o “Día dos Nenos” con títeres Cachirulo coa obra “O libro da Selva” no salón de actos do Centro Cívico, dentro do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura. Iso será ás 16.00 horas, mentres que ás 17.00 horas será a quenda da apertura do parque infantil “Diverneno” na praza do Concello, a non ser que chova que se trasladará ó pavillón de deportes.
Simultáneamente a OMIX ofrecerá actividades para a xuventude entre as 16.30 e as 19.30 horas: Scalextric xigante e xogos playstation.
O venres 29 haberá unha sardiñada popular a partir das 20.30 horas e ás 23.00 horas, verbena co grupo La Oca.
O sábado 30 de agosto volven as festas cunha sesión vermú ás 14.00 horas con Galilea, que repetirá na verbena acompañando a Aché despois das 22.30 horas. Ás 18.00 horas está previsto o encontro de fútbol entre solteiros e casados no campo municipal de Xove.
E o domingo 31 de agosto daranse por rematadas as fesats cunha misa solemne na honra á Virxe do Carme coa participación do Coro Parroquial de Xove seguida dunha sesión vermú a cargo de Magos de España que amenizará tamén unha verbena a partir das 22.00 horas.
Ás 18.30 horas celebrarase o XXVI Torneo de Fútbol Concello de Xove que se disputará no campo municipal.
Outras actividades
O II Open Padel San Bartolo desenvólvese na pista municipal de padel de Xove ente o 11 e o 29 de agosto; mentres que a sala de exposicións do Centro Cívico acolle a sétima edición da mostra fotográfica “Xove 360º. Creación” entre o 14 de agosto e o 5 de setembro. “Coas nosas mans II” poderase ver dende o 22 ata o 31 de agosto na sala da Oficina de Turismo municipal.