Lourenzá, 25 de agosto de 2014. O Concello de Lourenzá adxudicou a mellora de dous alumeados públicos, obra que subvenciona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), entre público adscrito á Consellería de Economía e Industria.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “na última comisión de goberno acordamos adxudicar a obra de aforro enerxético que foi subvencionada polo Inega. Ten un presuposto de 48.864,45 euros, dos cales 41.534,78 foron subvencionados pola Consellería de Industria, a través do Inega, e os restantes, 7.329,67, serán aportados por parte do Concello. Faranse actuacións en dous alumeados públicos: o coñecido como Dodelle, aínda que vai dende a rúa Casas Novoa ata Os Carballás, por toda a zona coñecida como o paseo do colesterol, e tamén se actúa no barrio de Dodelle e incluso nalgunha casa máis da Tilleira; en total son 71 puntos de luz. Ese mesmo número tamén son os que se van renovar na Cazolga, onde se vai facer todo ese núcleo”.
A rexedora engadiu que “con esta actuación preténdese mellorar a instalación do alumeado público co fin de reducir o seu consumo eléctrico e por conseguinte reducir o importe da factura eléctrica que é o obxectivo principal desta actuación: aforrarlle ás arcas municipais no custo da factura eléctrica.
Ao mesmo tempo tamén se pretende mellorar a calidade do alumeado público, tendo en conta que este é un dos servizos que os concellos debemos prestar aos cidadáns tratando de proporcionar uns niveis de iluminación axeitados ás diferentes zonas, segundo o tipo de núcleo, densidade de tráfico soportado, etcétera, pero sempre buscando a solución óptima e que proporcione o máximo rendemento da instalación aos menores custos”.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



