Cervo, 1 de agosto de 2014- O grupo de goberno lamenta profundamente que ao PSOE de Cervo “non lle preocupen os accesos ao polígono de Cuíña, nin a seguridade dos veciños, nin a seguridade viaria nin o desenvolvemento económico e industrial do municipio”, tal e como asegura o tenente de alcalde, José Manuel Balseiro. O voceiro do goberno local fai estas declaracións despois de que onte no pleno os socialistas non votasen a favor de pedirlle á Deputación que remate os accesos ao parque empresarial.
En concreto, a corporación debateu unha moción do grupo de goberno que entrou na orde do día pola vía da urxencia, motivada polas constantes negativas da Deputación e polo accidente, o luns pasado, dun camioneiro que resultou ferido mentres buscaba o polígono.
Unha moción que o PSOE non apoiou, absténdose na votación. Polo tanto, os socialistas non quixeron aprobar o seguinte texto: “O Pleno da Corporación municipal de Cervo acorda instar á Deputación de Lugo a incorporar nos orzamentos provinciais para o ano 2015 unha partida económica coa dotación suficiente para a execución e remate completo das obras da estrada de acceso ao polígono industrial de Cuíña”.
Balseiro manifesta que “dende o grupo de goberno esperabamos que nun tema tan importante coma este houbese unanimidade” e, por suposto, “tamén confiabamos en que a voceira do PSOE puxese os intereses dos veciños por riba dos seus propios como vicepresidenta da Deputación”, pero “quedou demostrado que as súas preocupacións non teñan nada que ver con axudar aos cervenses”.
O voceiro do grupo popular insiste na necesidade de que a Deputación, “remate o que comezou” deixando claro que “os terreos afectados polos accesos son de titularidade da Deputación”, polo que “é un tema da súa exclusiva competencia”.
Balseiro pídelle ademais ao grupo socialista que reflexione sobre a actual situación que vive o municipio. “Non lles preocupa que todos os días decenas de camións, algúns con cargas perigosas, e de moita tonelaxe, pasen por diante do instituto de secundaria, do centro de saúde, do pavillón de deportes, ou do campo de fútbol?”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



