Ribadeo, 1 de agosto de 2014. O Forte de San Damián, de Ribadeo, abre de novo as súas portas dende este venres para albergar a exposición Cactus. Nela móstranse as fotografías que Gonzalo Moure, Pablo Amargo e Alejandro Braña realizaron para homenaxear o traballo que durante anos levou a cabo José Trenor: un artista que se dedicaba a dar unha segunda oportunidade a variados obxectos de refugo, plantando neles cactos e convertendo as pezas en esculturas vivas. E os seus familiares decidiron capturalos en fotografías antes de que desaparecesen. A exposición, que poderá visitarse no forte ata o vindeiro 10 de agosto en horario de 12:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:30, recolle esas fotografías. A exposición foi presentada hoxe coa presenza do responsable da mostra, Gonzalo Moure; da concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra; do edil de Mocidade, Xavier Campos; e do ex alcalde ribadense Balbino Pérez Vacas.
Álvarez Lastra afirmou que “é un orgullo para Ribadeo e estamos moi contentos de ter esta mostra con nós porque realmente é unha obra de arte. Temos que agradecer a Balbino Pérez Vacas que nos puxese en contacto con Gonzalo Moure e coa familia de José Trenor, xa que foron quen amablemente nos cederon a exposición para traela a Ribadeo. Cando a vimos por primeira vez non sabíamos, como poñía no prólogo, se era botánica ou xardinería. Eu creo que é arte, unha obra de arte dun artista contemporáneo que tiña moitos anos de idade, pero que na súa mente e na súa creatividade demostraba o que está aquí. Dende o Concello queremos dar as grazas a familia por cedernos esta exposición, que, por outra parte, serve para que o Forte de San Damián non estea pechado.”
A concelleira engadiu que “aínda que Ribadeo é un pobo pequeniño, sabe amar a cultura, tela en conta e protexela. Ás veces é difícil facer as cousas porque os medios non son moitos e as infraestruturas pequenas, pero neste empeño de sacar adiante os temas culturais hai tres persoas, que son os traballadores municipais Hugo García Presno, Neves Paz e Alberto Moledo, que están sempre traballando ao límite para facer que teñamos a programación cultural que temos.”
Pola súa parte, Gonzalo Moure, sobriño de José Trenor e responsable desta exposición, agradeceu o interese do Concello ribadense e declarou que “sabíamos lo inevitable que era que estas obras maravillosas desaparecieran con el tiempo, ya que era la voluntad de José Trenor. En su obra no hay nada casual y cada captura suya de cactus en los objetos de desecho tenía un plan. En cada una de las piezas había una verdadera intención artística. Es botánica porque sin ella no habría podido hacerlo, pero sobretodo es escultura con un método que nadie en el mundo ha usado y que fue lo que maravilló a Pablo Amargo, uno de los mejores ilustradores del mundo, para que viese en esta una de las obras de vanguardia más importantes del siglo XX en España”. Moure recoñeceu que “en la familia siempre lo creímos así, pero había que realizar la muestra fotográfica antes de que llegase la piqueta del tiempo. Afortunadamente están aquí y el fuerte de San Damián es un lugar maravilloso para exponer las fotografías porque estamos a un escaso kilómetro en línea recta del lugar donde fueron creados los cactus por José Trenor”.
A mostra poderá visitarse ata o 10 de agosto no Forte de San Damián, logo volverá ao seu lugar de orixe, na localidade asturiana de Figueras. Alí seguirá expoñéndose de forma permanente na antiga fábrica de conservas La Idea.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



