O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, desenvolverá unha campaña de concienciación en 60 concellos galegos para informar sobre os perigos do manexo do tractor e dos seus aparellos.
A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, ofreceron hoxe unha rolda de prensa para presentar esta iniciativa que terá unha especial incidencia na provincia luguesa pola importancia da actividade agraria na zona.
Ao respecto, Arias destacou que Lugo é a provincia que máis tractores en uso ten en toda España e o parque de maquinaria agrícola na provincia segue crecendo a un ritmo de algo máis do 1% anual. Así, nos últimos dez anos medrou nun 10% e o censo de tractores en particular nun 15%. Iso significa que o índice de renovación é moi alto xa que, no mesmo período, as baixas no rexistro creceron máis do 50% e pese a todo segue a aumentar o parque.
Segundo indicou Quinzá-Torroja, “aínda que o ámbito de actuación do ISSGA é o laboral e, polo tanto, as súas actuacións de promoción da prevención de riscos laborais, asesoramento técnico e investigación de accidentes se dirixen ás empresas e aos traballadores e traballadoras, tamén temos a función de divulgar boas prácticas e de introducir e consolidar a cultura preventiva na sociedade en xeral”. Neste último obxectivo contextualizase esta campaña porque o 95% dos sinistros os sofren persoas maiores do medio rural que seguen a utilizar o tractor, aínda que xa non formen parte do mercado laboral. Neste sentido, máis do 52% dos sinistros mortais sófrenos persoas maiores de 65 anos.
O obxectivo da campaña é chegar a esa poboación rural que utiliza o tractor con dúas mensaxes. Dunha banda, alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus aparellos e informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros; e, doutra banda, como órgano técnico en materia de prevención, facilitar recomendacións básicas, que, de terse sempre en conta, evitarían os accidentes ou, cando menos, minimizarían a súas consecuencias.
Esta campaña enmárcase no ‘Programa de desenvolvemento rural sostible 2010-2014’. Coa mesma, a Xunta de Galicia, ademais de dar cumprimento á previsión recollida no Plan Estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014, de manter como actuación prioritaria e preferente a actividade agraria, gandeira e forestal, lembra que cada vez que acontece un sinistro debe poñer en marcha dispositivos de resposta inmediata, como os que realiza o persoal de emerxencias e sanitario.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



