Cervo, 7 de agosto de 2014.- O voceiro do Grupo Municipal Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou que veñen de rexistrar unha moción para o seu debate no próximo Pleno municipal a fin de apoiar as reformas legais necesarias para que acceda á alcaldía a forza política máis votada.
Balseiro argumentou que, con este este cambio garantirase “o respecto á vontade maioritaria dos cidadáns”, e lembra que esta fórmula -plenamente democrática nun contexto de representación maioritaria- xa se aplica en países como Portugal ou Francia.
“Non ten sentido que pactos entre perdedores feitos nos despachos desvirtúen a vontade do pobo expresada nas urnas. Non é aceptable que se busque evitar a posteriori que o partido que obtén unha ampla maioría dos votos non acceda á alcaldía desoíndo o que dixeron os cidadáns”, aclara.
Balseiro lembra que que non é a primeira vez que esta medida pasa a debate político a nivel nacional, xa que fora suscitada nos programas electorais de PSOE (2004) e PP. Ata foi levada dúas veces ao Congreso dos Deputados por UCD e o PSOE.
O voceiro popular Jose Manuel Balseiro conclúe dicindo “é un principio básico en democracia que o que gañe, goberne. A xente quere que o seu voto vaia para elixir aos alcaldes e que non sexa invalidado nos despachos logo de abrir as urnas”.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



