O Tangueiro foi exposto en Mondoñedo a pasada fin de semana, coincidindo co Mercado Medieval, nunha iniciativa organizada pola Asociación Recreativo Cultural Casino e pola Asociación Cultural O Pasatempo. Para os máis novos, un descubrimento porque a figura levaba décadas gardada e non se coñecía; para os maiores, unha lembranza.
