Medio cento de persoas acudiron á observación astronómica que tivo lugar o pasado sábado pola noite na praia das Catedrais. Horacio Cupeiro, o concelleiro de Medio Ambiente, explicou que “os asistentes puideron observar as estrelas e os planetas. A sesión resultou moi ben. A observación prevista para onte na praza de España, en Ribadeo, non se puido realizar por cuestións metereolóxicas”. Para o 6 de setembro hai prevista outra sesión en Remourelle. Por outra banda, desde este luns e ata o mércores, 20 de agosto, Ribadeo acolle un curso de astronomía na sala multiusos do Real Club Náutico. O horario é de 11 a 12 polas mañás e de 22.30 a 23.30 horas polas noites. Está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Ribadeo.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



