CERVO, 25 DE AGOSTO. Segundo os datos consultados no rexistro municipal sobre o gasto que supón o servizo de abastecemento de auga para o Concello de Cervo, os socialistas denuncian que “nos primeiros catro meses do ano 2014, tódolos cervenses asumimos a friolera de pagar 73.765 euros pola auga”.
Dende o Grupo Municipal Socialista insisten en que “se seguimos así, a auga chegará a convertirse nunha cuestión de luxo. O ano pasado falábamos dun gasto anual medio de 180.000 euros, se as cifras neste ano continúan por este camiño, a final de ano recontaremos un total de 222.000 euros, o que supón un incremento no gasto dun 23%”.
Lembran que “dende o 2012, ano no que consentiron a firma do Consorcio de augas Cervo-Burela, o único que conseguimos foi a privatización total do servizo e a consecuente subida do seu prezo. Iso sí, agora os resultados recaen sobre os veciños”.
Precisamente en canto ós resultados e consecuencias desta sinatura, os socialistas destacan que “os veciños de Cervo están pagando dobremente pola auga. Por un lado, o que sae do peto de cada familia por cada factura e por outra banda, o que o Concello paga anualmente a este Consorcio. Se o ano pasado calculábamos que unha familia de tres membros pagaba sobre 500 euros anuais, con esta subida, o gasto pode que se incremente noutros 100 euros máis”.
Agora ben, como o poder adquisitivo dos cervenses non sube coa mesma lixeireza piden que “este equipo de goberno que presumiu e presume de facer xestións para garantir un servizo público de auga, teña en conta estes datos e faga o posible para que os veciños de Cervo non teñan que soportar este gasto tan esaxerado. Estamos sendo dobremente atacados e non podemos seguir a este mesmo ritmo”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



