Ribadeo, 20 de agosto de 2014.- Co título Dionisio Gamallo Fierros 1914-2014 ponse en marcha o vindeiro sábado, 23 de agosto, o programa de actos conmemorativos do centenario deste ilustre escritor ribadense. A colaboración entre Concello, Deputación Provincial, Xunta e numerosas entidades locais coma a asociación cultural Casa das Letras, a Coral Polifónica e o IES de Ribadeo, fixeron posible levar a súa organización. As actividades desenvolveranse ata finais de setembro. Entre os actos confirmados atópanse a celebración o 24 de agosto dunha mesa redonda na que se abordarán varios aspectos: Dionisio Gamallo Fierros: As peculiaridades dun intelectual e dun gran investigador literario, a cargo do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. E O método Socrático do profesor Dionisio Gamallo Fierros, coa profesora da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez-Tudela. Este acto, que será no Cine Teatro ás 20:30 horas, estará moderado por Antonio Deaño Gamallo.
Xa o luns, 25 de agosto, haberá unha ofrenda floral no parque de San Francisco a partir das 19:30 horas coincidindo coa data de nacemento do escritor. Ese mesmo día inaugurarase na Biblioteca El Viejo Pancho ás 20:15 horas a exposición O legado de Dionisio Gamallo Fierros . Para rematar a xornada, terá lugar unha actuación musical a cargo de Carmen Rodríguez e Gloria R. Saavedra na que se interpretarán Negra Sombra de Rosalía de Castro, A Rosalía de Curros Enríquez e Insomnio e Como todas de El Viejo Pancho.
Os actos continuarán en setembro coa colocación dunha placa conmemorativa no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo o día 16. Nesta xornada, que coincide co inicio do curso académico, tamén se levará a cabo unha lección inaugural impartida polo sobriño do escritor e exprofesor do centro, Toni Deaño Gamallo, co título de Dionisio Gamallo Fierros 1914-2014. Xa ao longo do mes, terán lugar dúas presentacións de libros nos que se analiza a figura de Gamallo Fierros: Contribución a una bibliografía de Dionisio Gamallo Fierros e Poesía de Dionisio Gamallo Fierros. O centenario pecharase a finais de setembro coa actuación da Coral Polifónica, entidade da que o escritor foi socio de honra en vida.
No acto de presentación do centenario, celebrado hoxe no Concello de Ribadeo, o alcalde ribadense, Fernando Suárez, recordou que “se vivise Dionisio Gamallo Fierros, estaría no ano do seu centenario. Xa hai varios anos que nos deixou, pero a memoria deste polígrafo ribadense segue viva en todos nós e é un recoñecemento que os veciños de Ribadeo temos para ben e sabemos valorar”. O rexedor destacou que “debemos lembrar a todos aqueles que fan posible que a memoria non se borre, porque co paso do tempo se non se fan actividades, tende a irse diluíndo. Para evitar iso, tanto os familiares de Dionisio Gamallo, coma a asociación cultural Casa das Letras, levan traballando un tempo en colaboración coa Concellaría de Cultura para levar a cabo este centenario que vai a ter lugar aquí en Ribadeo”. Suárez Barcia dixo que “dende o Concello valoramos o seu compromiso e o das entidades públicas ou privadas como son a Coral Polifónica, a Deputación Provincial ou a Xunta, que fan o posible para que este centenario sexa merecedor de quen é o seu destinatario: Dionisio Gamallo Fierros”.
No nome da familia Toni Deaño Gamallo, sobriño de Gamallo Fierros, afirmou que “queremos agradecer o traballo a tódalas entidades e persoas que están colaborando para conmemorar o centenario de Dionisio Gamallo. O sentimento de agradecemento é compacto. Queixábase xa Borges de que os feitos son simultáneos, pero as palabras lineais. Non quixera por tanto que as entidades as que quero mostrar o noso agradecemento fosen en orde, senón que están compactas e unidas. Quero agradecer o seu apoio á asociación cultural Casa das Letras, ao Concello de Ribadeo, á Área de Cultura da Deputación de Lugo, á Coral Polifónica e ao IES de Ribadeo todo o labor que están levando a cabo para facer este centenario”. Deaño agradeceu tamén “o traballo das persoas que figuran no programa de actos como Xesús Alonso Montero, Olivia Rodríguez-Tudela, Carmen Rodríguez e á súa nai, que está aquí con nós, a Gloria R. Saavedra, a Jesús Rubio, a Alfonso Piñeiro e a Roberto Rodríguez. E quero darlle un agradecemento moi especial de parte da familia a Manuel Valín que foi o promotor desta iniciativa e que traballa ata a extenuación motivado pola súa amizade profunda con Dionisio Gamallo”.
Pola súa banda, Manuel Valín, aclarou que “aínda que me move a amizade, está detrás unha asociación cultural que ampara e coordina a unha serie de entidades que suman esforzos para levar adiante este homenaxe. Un homenaxe máis que merecido, aínda que creo que seguramente se el seguise vivo non querería. Trátase dunha figura fundamental na cultura ribadense e non só na cultura, senón no día a día. Hai moitos veciños que tiveron unha relación persoal con el e non só a través dos seus escritos ou libros, senón a través das súas anécdotas”.
O semanario La Comarca del Eo réndelle homexase á figura de Dionisio Gamallo a través da publicación dunha serie de artigos nos que se aborda a figura deste ilustre ribadense.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



