Os nenos e as nenas que acuden ás actividades da Aula Medio Ambiental Gaia, de Burela, durante este verán participaron hai uns días nunha ruta xeolóxica en Castrelo. Segundo explicaron as monitoras “Castrelo é unha antiga praia, hoxe ocupada con material de recheo no peirao sur de Burela, de grande interese xeolóxico. Nesa zona, de pouco máis de 300 metros cadrados, conflúen a rasa cantábrica e o chamado batólito de San Cibrado-Burela, dúas formacións xeolóxicas excepcionais”. As monitoras de Gaia guiaron aos nen@s coma si dunha excursión de campo se tratase, “co obxectivo de achegalos ao noso patrimonio xeolóxico. Coincidindo coa marea baixa poidemos contemplar de lonxe a igrexa de Coedo. O que quixemos con esta actividade foi dar a coñecer o noso rico e variado patrimonio xeolóxico e tomar conciencia da importancia e necesidade de protexelo”.
