Era o ano 1943. Os armadores Balbino López Rodríguez, focense, consignatario de buques e os mindonienses irmáns Lorenzo (Fortunato) construen un cargueiro nos asteleiros Gondán, de Figueiras, ó que bautizan como San Lorenzo de Foz. Equipado nuns talleres da ría de Viga chega o día da súa entrada no porto de Foz, onde ten a base. E aquí, ó enfilar a entrada á ría, na fatídica barra, o barco toca fondo; fai un xiro por mor do vento reinante, o maquinista da atrás, e o San Lorenzo entra de popa., feito que inspira a Matías Calvo estes versos: “San Lorenzo, San Lorenzo / que en barco te convertiste / cuando entraste en este puerto / el culo al pueblo le diste”.
O Café de Amalio , na praza, era lugar entrañable ó que a cotío acudía un grupo de mozos amantes da cultura e interesados pola política Pola natureza dos temas era tamén coñecido por O Parnaso. Matías, asiduo naquelas xuntanzas, era considerado o seu poeta oficial, e sometida a súa obra ó análise crítico dos parnasianos, que puntuaban polo miúdo os valores que conforman a producción poética entre os quense atopa a pulcritude e a beleza da linguaxe.Malparadas saíronlle a Matías as estrodasda entrada do San Lorenzo no porto focego, pois os críticos reprocharon ó bardo a utilización en poética de tan sublime numen de vocábulo tan pouco pudoroso, e mesmo soez e malsonante, coma “culo”.Cando o autor foi advertido polos críticos recoñeceo a gravidade do feito pretendeo trocala pola de popa, que non ten connotacións groseiras, é de grata sonoridade e, por derriba, mais mariñeira. Os inflexibles xuices non aceptaron a enmenda pois o dano xa estaba consumado, dado que os versos circulaban xa de boca en boca para escarnio do colectivo parnasiano, tan celoso do bó decir, e polo tanto da estética da linguaxe.
O veredicto, firme e inapelable, foi traumático: “que autor e obra fosen a parar ós fondos do averno poético, sen redención posible”.
´Matías arrastrou por moito tempo o estigma da culpabilidade e a mágoa do fracaso, e a anécdota pervive aínda na memoria popular………
Suso Fernández


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



