Os Xardíns de Noriega Varela acollerán este xoves 14 de agosto ás 19.30 horas, a inauguración da Feira do Libro Novo de Viveiro que organiza a Federación de Libreiros de Galicia.
O acto comezará coa saída dende Concello Vello aos Xardíns acompañados pola agrupación musical de Viveiro.
Intervirán Xosé Antón Pedreira Mirás, Vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia; Raquel Arias Rodríguez, Delegada Territorial da Xunta de Lugo; e María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro.
O pregón inaugural correrá a cargo do escritor e actor Xurxo Souto.
Programa
Xoves 14
12.00 horas: apertura das casetas
19.30 horas: Inauguración
20.30 horas: Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, do escritor Xurxo Souto, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
Venres 15
19.00 horas: Actividade infantil. “Érase unha vez un zapato”, divertido conta contos a cargo de Fátima Fernández.
20.00 horas: Presentación do libro Relatos liberados, do escritor Mario Alonso Ayala, publicado por Editorial Almuzara.
21.00 horas: Presentación do libro Piratas de lo público, de Antón Losada, publicado por Ediciones Deusto.
Sábado 16
13.00 horas: Obradoiro ecolóxico: elaboración de gominolas naturais, impartida por Carmen Freire.
19.00 horas: Recital – presentación da novela Fugaz coincidencia e do poemario Naír, de José Estévez López, publicados pola editorial Redelibros. Participarán os poetas Chus Amieiras, Luisa Arias, Ana P. Croas, Iria López, Salomé Díaz Muñiz, Esperanza Martínez, Carmen Cociña, Catarina Laxe, Mar Romero e José Estévez.
20.00 horas: Presentación do libro A voz do vento, do escritor e xornalista Pemón Bouzas publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 horas: O escritor Henrique Dacosta asinará exemplares do seu libro Entrada ao xardín do saber, na caseta da Libraría Cartabón.
21.00 horas: Presentación dos libros Hotel Paradiso, do escritor e xornalista Ramón Pernas, publicado por Editorial Planeta, e Amor en un campo de minas, publicado por Ed. Algaida, da escritora Milagros Frías.
Domingo 17
13.00 horas: táboa redonda sobre “A novela histórica”, coa participación dos escritores e xornalistas Ramón Pernas e José de Cora Paradela, director xeral do Grupo El Progreso.
19.00 horas: Obradoiro Horta Ecolóxica impartido por Carmen Freire.
20.00 horas: Presentación do libro Alcumes de Celeiro, de José Antonio Abella Albo.
21.00 horas: Presentación do libro Como ser reintegracionista sen que a familia saiba, do escritor Eduardo Sánchez Maragoto, publicado por Edicións do Cumio.