300 autónomos e micropemes tomarán parte, a custe cero, no Dinamíz@TE, iniciativa posta en marcha pola Deputación, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), para o impulso do tecido empresarial da provincia, esgotando a totalidade das prazas dispoñibles para este programación, que permitirá ós participantes incrementar o seus beneficios mediante o recoñecemento e posta en práctica de diferentes solucións tecnolóxicas e de xestión comercial.
Este Proxecto de Dinamización do Tecido Empresarial ten como obxectivo mellorar a competitividade destas micropemes e autónomos lucenses, grazas ó asesoramento gratuíto en xestión comercial, marketing dixital e implantación de novas tecnoloxías por parte dun amplo equipo de profesionais. O programa ofreceu dous tipos de asesoramento, entre os que os interesados podían escoller en función das súas necesidades:
– Asesoramento en implantación de novas tecnoloxías: no que se propoñen solucións software de negocio, como ferramentas para facturación, contabilidade, certificados dixitais, etc. En total, son tantos os beneficiarios que optaron por este tipo de asesoramento.
– Asesoramento en xestión comercial: os que optaron por este segundo módulo fixérono interesados en determinar novas liñas de actuación, novas áreas xeográficas e canles de venda; captación e fidelización de clientes, ferramentas para a promoción online, etc.
De calquera xeito, con independencia da opción escollida por micropemes e autónomos, todos complementarán o seu asesoramento cun módulo especial que versará sobre as numerosas accións encamiñadas á mellora do marketing dixital. Para isto levaranse a cabo completas avaliacións de páxinas web; do posicionamento nas redes sociais e a reputación online das empresas, ou da súa xeolocalización nas principais plataformas.
Próximos pasos
Unha vez pechado o prazo de solicitudes, asesores profesionais comezarán a reunirse con cada un dos beneficiarios co fin de analizar cada negocio de xeito particular e detectar cales son as súas necesidades, en base ó que definirán Plans de Acción personalizados para cada caso. Estes Plans determinarán as melloras a implantar máis axeitadas, tanto de software (ferramentas de contabilidade, de facturación, de seguridade, etc.), coma de formación en novas tecnoloxías, no caso das empresas que optaran polo primeiro tipo de asesoramento; e de vías de captación de clientes, novas canles de venda ou medios de promoción, no caso das que optaran polo asesoramento en xestión comercial.
Ademais, en ambos casos, o equipo de profesionais ofrecerá asesoramento ós beneficiarios durante todo o proxecto, tanto durante a fase de diagnose, como na definición do Plan de Innovación e na súa implantación.
Os lucenses apostan polas TIC
300 negocios de toda a provincia participan neste iniciativa cubrindo todas as prazas dispoñibles, o que deixa patente a aposta que autónomos e micropemes lucenses están a facer polas novas tecnoloxías, e a súa confianza nos positivos efectos que a súa implantación e desenvolvemento traen consigo, axudándolles a aumentar o volume de beneficios, ser máis competitivos e xerar novos postos de traballo.
Pero os lucenses non só confían nas novas tecnoloxías para mellorar os seus negocios, senón tamén a súa calidade de vida. Ese é o caso dos maiores de 55 anos que xa fixeron a súa inscrición nalgún dos 20 cursos de TIC’s do InLugo que arrincan mañá: máis de 550 solicitudes en apenas dous días para 429 prazas dispoñibles son boa mostra de que a idade non é impedimento para que os lucenses desexen incorporar as novas tecnoloxías ó seu día a día. Os lucenses máis veteráns amosan un especial interese polos cursos enfocados a sacar o máximo partido ós teléfonos móbiles, así como polos de contidos de nivel máis avanzado no caso dos alumnos dalgunha das dúas convocatorias anteriores.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



