O vindeiro sábado 4 de outubro vaise celebrar no noso Concello a quinta edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.
A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, aínda ten aberto o prazo de inscrición, tanto para palilleiras como para stands, ata o sábado 20 de setembro.
A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.
Escola de maiores
O prazo para anotarse na escola de maiores do Concello remate o vindeiro venres 26 de setembro.