O Pleno da Deputación de Lugo aprobou cos votos de PSOE e BNG esixir ao Goberno de Feijóo a inmediata retirada da suba nun 34% do canon de Sogama aos Concellos. O PP opúxose a súa retirada a pesares de que recoñeceu que esta Sociedade tivo un 85% menos de perdas que as anunciadas pola Xunta, pouco máis de 600.000 euros fronte aos 4 millóns calculados polo Executivo autonómico; e que ingresará 18 millóns de euros ao ano pola reforma enerxética do Ministerio de Industria.
“Desveladas as mentiras de Feijóo, que empregou previsións catastrofistas para obrigar aos veciños a pagar máis pola xestión do lixo, xa non hai escusas para manter o taxazo de Sogama aos municipios”, subliñou o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos Ramos.
Seguridade
O grupo provincial socialista presentou unha moción ao Pleno para esixir ao Delegado do Goberno en Galicia que incremente o número de efectivos das Forzas de Seguridade do Estado na provincia e a Feijóo que promova as esixencias necesarias ante o Executivo central para dotar ao rural dunha maior seguridade. Segundo datos do Balance de Criminalidade do Ministerio do Interior, os roubos con violencia e intimidación aumentaron na provincia nun 45% no último ano, afectando especialmente ao rural. Os Presupostos do Estado para 2014 recollen o recorte de máis de 5.000 axentes no país (4.000 efectivos da Policía Nacional e 1.137 da Garda Civil). Ante esta situación, a moción do PSOE foi aprobada por unanimidade a pesares de que o PP puxo entredito os datos publicados e presentados no Congreso polo Goberno Central.
Situación económica
A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, deu conta da situación económica da institución, detallando os últimos datos oficias:
1. A Deputación de Lugo paga ós provedores nunha media de 12 días, un prazo moi inferior aos 30 días esixidos pola Lei. “Seguimos á cabeza das administracións galegas que mellor pagan, por riba da Xunta, que, segundo os últimos datos oficiais, faino nun prazo medio de 20 días”, destacou Porto.
2. A de Lugo é a Deputación de Galicia que máis inviste por habitante: 91 euros fronte aos 65 da Coruña, 62 de Pontevedra e Ourense.
3. O organismo provincial segue a baixar a débeda. “Remataremos este ano con 22 millóns de euros e acadaremos o endebedamento cero no 2016. Pasaremos dunha débeda por habitante de 343 euros no ano 2007 a 64 ó peche deste 2014”.
4. “No ano 2013, executamos o 76,3% do orzamento, un nivel que se sitúa entre os máis altos das deputacións galegas. O grao de cumprimento elévase ao 97% no caso dos investimentos en obras e servizos”, subliñou.
“Os únicos que fan recortes son a Xunta e o Goberno central. A principal fonte de ingresos do organismo provincial son as transferencias do Estado, que se recortaron en 11 millóns de euros soamente nos últimos 5 anos”, subliñou a Deputada.
Estrada Palas de Rei
O Partido Popular tentou culpar á Deputación do estado no que se atopa o treito da 4011 que discorre dende A Avieira ata Tarrío e que é do Concello de Palas de Rei. Os populares presentaron unha moción de urxencia para esixir o seu arranxo logo das reclamacións dos veciños ante o Concello palense. O Deputado de Xestión Territorial lembrou ao PP que o organismo provincial é titular do treito dende o cemiterio ata A Avieira e o Concello de Palas de Rei do treito dende A Avieira ata Tarrio. Manuel Martínez destacou que o treito da Deputación está en boas condicións. De feito, a Deputación investiu 180.000 euros na mellora dende o punto quilométrico 0,187 ao 0,637. Ademais de mellorar o firme con aglomerado en quente, incrementar o ancho da estrada a 6 metros, realizar as tarefas de saneamento, canalización de augas pluviais, pintado horizontal e vertical, a institución dotou a este vial de beirarrúas, así como dun acceso peonil para facilitar o acceso ao cemiterio e garantir a seguridade dos viandantes.
Infraestruturas na Mariña
Cos votos de PSOE e BNG, e a negativa do PP, o Pleno aprobou esixir ao Ministerio de Fomento a posta en marcha dun plan específico de infraestruturas na Mariña que conte coa consignación orzamentaria necesaria para garantir unhas comunicacións seguras e para executar vías vitais para a vertebración da Comarca, como a Autovía Barreiros-San Cibrao.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



