08-09-2014.- Representantes de Espazo participaron no II Encontro Estatal de Mocidade Plural-Juventud Plural xunto as delegacións de Joves de Esquerra Verde (mocidades de Iniciativa per Catalunya-Verds), de Joves amb Iniciativa (mocidades de Iniciativa del Poble Valenciá), da Red Equo Joven. Neste Encontro celebrado na sede de Bilbao do Consello da Mocidade de Euskadi foron anfitrións os e as xoves de Iratzarri-EKI.
Despois de máis dun ano de traballo conxunto e do primeiro Encontro celebrado en Barcelona, esta rede estatal de organizacións de xoves ecosocialistas composta tamén polos Joves de Iniciativa-Verds (Illes Balears), Jóvenes de Primavera Andaluza (Andalucía), Mocidade de Anova e dos Jóvenes de Izquierda Abierta, aborda un novo curso político no que a participación política da dente xove vai ser crucial, tanto nos procesos abertos que están a xurdir por todo o Estado para presentar candidaturas de transformación mas elección municipais. En Galicia estes procesos están a chamase “mareas” (Coruña, Vigo, Ferrol, Pontevedra) e sobre ellas, falaron no encontró Xacobe Fernández e Anxo Otero, responsables políticos de Espazo sobre temas de mocidade.
Os traballos do Encontro abordaron en profundidade os eixos de Cidadanía e Democracia, do Modelo Económico e Social, e da Mocidade e Relevo Xeracional, e tamén se discutiu sobre o documento organizativo e de funcionamento da rede Mocidade Plural-Juventud Plural.