Xove (Lugo), 22 de setembro de 2014.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este luns, durante unha visita aos alumnos do obradoiro de emprego de Xove, a reactivación das obras da vía de alta capacidade entre Viveiro e San Cibrao. “No mesmo día de hoxe reactívanse as obras da vía de alta capacidade entre Viveiro e San Cibrao”, afirmou, unha infraestrutura “que esperamos que a finais de 2015, principios de 2016 estea finalizada”.
Na súa intervención, o presidente da Xunta asegurou que o Goberno galego proseguirá coas políticas que incrementan as posibilidades de crecemento da economía e a diminución do paro. “Estamos iniciando a recuperación económica. Non é fácil, pero xa non falamos de recesión económica e temos esperanzas fundadas en que a recuperación económica se converta en trimestres de crecemento e diminución do paro”, dixo, ao que engadiu que “Galicia leva xa catro trimestres consecutivos de incremento da economía”. “E tamén levamos dez meses con menor paro que no mesmo período do ano anterior. Neste momento hai máis de 20.000 persoas menos apuntadas nas listas do paro e máis de 10.600 novas afiliacións á Seguridade Social”, abundou.
Nesta liña, o mandatario autonómico garantiu o compromiso na Mariña con cinco grandes proxectos para “mover a economía, incentivar a creación de emprego e conseguir un inicio da recuperación económica”. Así, ademais da vía de alta capacidade entre Viveiro e San Cibrao, Feijóo referiuse ao gasoduto da Mariña, que cun investimento de 26 millóns de euros supón dar unha nova enerxía alternativa a miles de persoas e unha maior seguridade para a fábrica de Alúmina-Aluminio, dado que vai abaratar os custos da enerxía.
Así mesmo, aludiu ao acceso ao porto de Burela, unha obra básica a piques de iniciarse co obxectivo de mellorar os tráficos do porto; e á ampliación do Hospital da Mariña, adxudicado xa o proxecto construtivo do Plan director e ampliación do hospital.
No tocante ao Plan integral de conservación da praia das Catedrais, Feijóo precisou, tamén, que nas próximas semanas a Xunta contactará co alcalde de Ribadeo para presentar as propostas ambientais nas que está traballando a Consellería.
Aposta polos obradoiros de emprego
Na súa intervención, o presidente da Xunta destacou, ademais, a aposta do Goberno galego polos obradoiros de emprego, aos que se referiu como “instrumentos potentes” para o emprego, a formación e a cooperación. Sobre este último aspecto, Feijóo incidiu en que, ademais de estar ligados á realización de obras e servizos de interese para a comunidade local, este tipo de iniciativas abren un importante espazo de colaboración entre a Administración autonómica e os concellos, e promoven tamén a cooperación entre os propios municipios.
O titular do Executivo autonómico resaltou que neste momento Galicia conta con 53 obradoiros. Máis polo miúdo, afirmou que na provincia de Lugo o 61% dos concellos contan cun obradoiro de emprego financiado pola Xunta, o que significa que moitos municipios lugueses –ao igual que noutras provincias- están a presentar proxectos conxuntos.
Nesta liña e a modo de exemplo, subliñou que o Concello de Xove organiza un destes obradoiros en colaboración cos municipios de Burela e Cervo, no que están a participar 20 alumnos que reciben formación de pintura e xardinería. “En definitiva, un obradoiro de emprego con alumnos que traballarán principalmente na creación e acondicionamento de parques, xardíns, zonas verdes e sendas ambientais dos tres concellos”, concluíu.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



