Foz, 22 de setembro de 2014. O Concello de Foz celebrará o vindeiro sábado, 27 de setembro, a novena edición do Día da Bicicleta. A marcha terá un percorrido de 14 quilómetros e partirá ás 16.00 horas do Parque Infantil de Tráfico. Dende alí, dirixirase á Ruta das Praias e chegará á zona de avituallamento situada no Parque do Río Ouro. Posteriormente, os participantes realizarán o mesmo percorrido á inversa, regresando así ao punto orixinal de partida. Haberá premios para o/a participante máis novo/a, para o máis veterano/a, para a bicicleta máis engalanada e para o mellor disfrace. O resto de integrantes da marcha tamén poderán participar no sorteo de diferentes agasallos.
Dende a Delegación de Xuventude de Foz informan de que, coma en anteriores edicións, o evento estará aberto a persoas de tódalas idades, ofrecendo así a oportunidade a moitos pais e nais de practicar deporte ao aire libre cos seus fillos e fillas. Ademais recordan que a actividade non ten ánimo competitivo, senón unha finalidade lúdica coa que o Concello pretende potenciar o uso da bicicleta e os hábitos saudables entre tódolos colectivos.
Os interesados en participar neste evento poden inscribirse dende hoxe e ata o venres 26 de setembro na Casa da Xuventude de Foz, no teléfono 982.13.30.37 ou no enderezo electrónico xuventude@concellofoz.es. Tamén o poderán facer o mesmo día da celebración da marcha, entre as 15:00 e as 15:45 horas, no Parque Infantil de Tráfico.
Dende o Concello de Foz agardan que este noveno Día da Bicicleta se converta nunha gran festa interxeracional na que nenos/as e maiores gocen dunha tarde deportiva antes de que chegue o frío. Ademais agradecen a colaboración prestada polo Club Ciclista de Foz, Frutas Morriña, Motos Baltasar, Burela Bikes, Living Sport, Supermercados Froiz e Gadis, así como a participación da Protección Civil e da Policía Local de Foz, que fan posible un ano máis a celebración deste evento.























Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



