Foz, 29 de setembro de 2014. A Delegación de Xuventude do Concello de Foz mostrouse hoxe moi satisfeita coa ampla participación rexistrada no noveno Día da Bicicleta. Máis de 150 persoas partiron ás catro da tarde do parque infantil de tráfico para percorrer unha ruta que pasou polo porto e polas praias da Rapadoira, Llas, Peizás e Pampillosa, ata chegar á area recreativa do río Ouro. Alí tódolos participantes puideron repoñer forzas na zona de avituallamento para retomar de novo o camiño de volta, completando así os 14 quilómetros totais previstos. Ao remate da carreira responsables municipais entregaron os trofeos a Pedro del Riego, na categoría de máis veterano; a Alba Castro, na de participante máis nova; a Juan Corrales, na de bicicleta mellor engalanada; e a Laura Prendes, na de mellor disfrace. Posteriormente, tamén se realizou un sorteo para os máis pequenos.
Dende o Concello comentaron que se tratou dunha tarde lúdica na que pequenos e maiores gozaron do deporte de forma conxunta. Ademais, agradecen a colaboración prestada polo Club Ciclista de Foz, Frutas Morriña, Motos Baltasar, Burela Bikes, Living Sport, Froiz e Gadis, así como á Protección Civil e á Policía Local, por facer posible un ano máis a celebración deste evento.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



