Burela, 22 de setembro de 2014. A última hora da tarde deste luns tivo lugar o acto de presentación do curso 2014-2015 da Escola Municipal de Música de Burela, no que participou o alcalde, José María González Barcia, xunto coa concelleira de Educación e Cultura, Mónica Pedre, e o director da Escola, Xan Carballal.
Durante o acto, ao que acudiron pais, nais e alumnado, e que tivo lugar na Casa da Cultura, González Barcia ratificou o compromiso absoluto do goberno municipal coa Escola Municipal de Música e co proxecto que na mesma se está a levar a cabo. O rexedor dixo que “en momentos de dificultade, de mala situación económica, fomos capaces de baixar as taxas de matrícula da Escola, para facilitar o acceso á educación musical a máis persoas, e fomos quen de aumentar o profesorado da Escola, para aumentar e mellorar a calidade da oferta educativa”.
O alcalde reiterou o total apoio ao proxecto que se leva a cabo na Escola Municipal de Música: “ten demostrado a súa eficacia con abundantes exemplos individuais e colectivos, e o que temos que facer entre todos é continuar apoiándoo e mesmo potencialo se cabe”.
José Mª González Barcia manifestou que este ano “introducirase unha materia nova, a de canto, como experimental, pero de cara a darlle absoluta continuidade. A colaboración entre ASUEMBU e o goberno municipal propicia esta nova materia dentro da oferta educativa da Escola Municipal de Música, polo que quero agradecer a disposición absoluta e permanente de ASUEMBU para facer máis cousas e mellores pola Escola de Música”.
Igualmente, o alcalde asegurou que “durante o curso que agora comeza, se poñerán en marcha novos proxectos educativos de carácter musical que nacen na propia Escola Municipal de Música, e que seguro que terán unha moi boa acollida entre a xente da Escola en particular e entre a cidadanía en xeral”.
O curso comeza coa plantilla de profesores ao completo. O número definitivo de alum@s coñecerase cando remate o prazo de matrícula a finais de setembro, “pero a día de hoxe o ritmo de matriculación marcha segundo previsto”, indicou o alcalde.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



