“A campaña, que comezará o vindeiro martes ás 20.30 horas no Centro Sociocultural de San Pedro, consistirá en actos abertos en tódalas Parroquias do Concello, co obxetivo de establecer un diálogo directo coas veciñas e veciños. Escoitar as propostas da xente, analizar a situación do Concello e construír un proxecto de futuro que Viveiro merece” serán algún dos obxetivos da Campaña.
“Viveiro, 27 de setembro de 2014” Bernardo Fraga, Portavoz Municipal, Olaia Casas e Manolo Galdo, Concelleira e Concelleiro do BNG, presentaron está mañá no local da organización nacionalista a campaña “REINICIANDO VIVEIRO”.
A campaña percorrerá tódalas parroquias do Concello, durante o mes de outubro coas seguintes datas:
• Martes 30 de setembro ás 20.30 h: San Pedro_Centro sociocultural.
• Venres 3 de outubro ás 20.30 h: Celeiro_Casa do Forno.
• Martes 7 de outubro ás 20.30 h: Landrove_Centro Sociocultural.
• Xoves 9 de outubro ás 20.30 h: Valcarría_Escola vella.
• Venres 10 de outubro ás 20.30 h: Covas_Centro sociocultural.
• Martes 14 de outubro ás 20.30 h: Vieiro_Escola vella.
• Xoves 16 de outubro ás 20.30 h: Santo André de Boimente_Centro sociocultural.
• Venres 17 de outubro ás 20.30 h: Magazos_Escola Vella.
• Martes 21 de outubro ás 20.30 h: Galdo_Escola Vella.
• Xoves 23 de outubro ás 20.30 h: Chavín_Escola Vella.
• Venres 24 de outubro ás 20.30 h: Viveiro_Conservatorio de Música.
A campaña pretende ademais poñer de manifesto, a situación pola que atravesa o Concello de Viveiro, unha situación de absoluta parálise, cun goberno desgastado, sen rumbo, sen ideas e sen ningún tipo de proxecto de futuro para Viveiro. É por iso que eleximos o lema “Reiniciando Viveiro”, compre parar para volver a empezar, con forza, ilusión, iniciativa política e novas ideas, para reactivar o Concello de Viveiro, dunha vez por todas.
O BNG pretende escoitar á cidadanía, darlle a voz, cara a cara, sen ataduras, con actos abertos, a tódalas propostas, preguntas ou críticas que as veciñas e veciños queiran realizar. Co obxetivo de sumar forzas, e construír entre tod@s o proxecto de futuro que Viveiro merece.