O 18 de decembro celébrase o Día Internacional do Migrante e o Casino de Viveiro Club Náutico quere recordar ós veciños que partiron cara a terras afastadas e que, en moitos casos, xamáis regresaron. Co obxectivo de facelos visibles, novamente no lugar que os viu nacer, crecer e partir, organizan unha mostra fotográfica para esa data. Nese sentido, solicitan a colaboración dos viveirenses que conten con fotografías que algún amigo ou familiar enviou dende Venezuela, Arxentina, Brasil, algún país de Europa ou outros lugares do mundo. Polo mesmo, reciben fotografías en formato .jpg a través do enderezo casinodeviveiro.cultura@yahoo.es ou no propio Casino onde se dixitalizarán. E, para complear a información, agardan poder contar cos nomes das persoas das fotografías, o seu lugar de procedencia, as circunstancias nas que foron tomadas as fotografías, a data e outros detalles sobre as súas historias.
