A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, avanzou este luns a nova programación de actividades dirixidas a adultos que o CENTRAD organiza para este outono e inverno. A Deputación ofrecerá 16 obradoiros de artesanía, que se desenvolverán ata o 23 de decembro nos pavillóns do CENTRAD, no Centro de Cestaría do Río Rato e nos Concellos de Lourenzá e Samos. Grazas a estes talleres, 137 persoas aprenderán e poderán familiarizarse coa tradición da cestaría, a luthería, o vimbio, a olería, a xoiería, o vidro, o escaparatismo, a fabricación de fofuchas e o tecido; ao tempo que coñecen a actividade do CENTRAD. No acto tamén estiveron presentes varios artesáns que serán os encargados de impartir ditos obradoiros.
Polín subliñou que “o Centro de Artesanía e Deseño organiza ano tras ano estes obradoiros, posto que se enmarca dentro da nosa aposta polo impulso dos oficios artesanais como sinais de identidade e atractivo da provincia que xera riqueza. Estas actividades contribúen ó noso obxectivo de achegar a tradición artesanal e a riqueza cultural da provincia a todos os lucenses e de pór en valor a artesanía típica luguesa. Apostamos pola nosa artesanía, pola de Lugo, para convertela nun dos sectores punteiros da provincia e en nicho de emprego co fin de xerar postos de traballo e fixar poboación no rural”.
A artesá Noela Feal Giménez imparte o curso que nestes momentos se está a desenvolver no pavillón 8 do CENTRAD, e que terá lugar ata o vindeiro 23 de outubro, de luns a venres, en horario de 16.00 a 20.30 horas. Os asistentes practicarán as técnicas do tecido tradicional a través dunha aprendizaxe nun tear de baixo lizo. Tamén está en marcha o curso de olería de Samos, impartido por Manuel Fernández. O Mosteiro de Samos acolle este obradoiro, que se desenvolverá ata o vindeiro 21 de novembro, de luns a venres en horario de 16.00 a 21.00 horas. O obxectivo do obradoiro é recuperar a olería que caracteriza a este municipio lugués.
Para continuar, luthería
O vindeiro luns 13 de outubro arrancará o segundo taller, “acabados históricos para luthería”, orientado para profesionais desta arte de facer instrumentos musicais de corda, vento ou percusión. José Catoira ensinaralles aos participantes como perfeccionar e mellorar os seus produtos, dende o 13 ata o 24 de outubro, de luns a venres, entre as 09.00 e as 14.00 horas, no obradoiro de instrumentos musicais do CENTRAD.
Durante o mes de outubro comezarán outros seis talleres: “Dá brillo ó teu vestiario con abelorios” (entre o 14 e o 31 de outubro); “Vidrio. Iniciación en contas de vidro” (dende o 16 ata o 31 de outubro); “Xoiería. Iniciación en técnicas de volume” (do 18 de outubro ao 23 de novembro; “Cestas Costelas” (entre o 20 e o 24 de outubro); “Iniciación á cestaría” (do 21 de outubro ao 23 de decembro; e “Cestería de Esparto”, dende o 27 de outubro ata o 7 de novembro.
A oferta da programación da Deputación para novembro e decembro complétase con outros 7 talleres. O Obradoiro de Cestería do Rato acollerá “Cestería con láminas de madeira” (do 17 ao 28 de novembro); “Cestería de Colmo” (do 1 ao 15 de decembro); e “Luminarias: estruturas de mimbre” (do 16 ao 19 de decembro). Os pavillóns do Centro de Artesanía e Deseño, pola súa parte, servirán de escenario para os talleres de “Xoiería. Deseña a túa xoia” (do 3 ao 19 de novembro); “Renova a túa roupa aprendendo” (do 3 ao 21 de novembro); “Técnica para a fabricación de fofuchas” (do 17 ao 26 de novembro); e “Escaparatismo. Técnicas e recursos para o seu deseño” (do 17 ao 28 de novembro).
Inscrición
O prazo de solicitude remata cinco días antes da data de comezo de cada obradoiro. As inscricións poderán realizarse mediante internet, na páxina web do CENTRAD: http://www.centrad.org/ Cada alumno poderá participar nun único curso por tempada, agás no caso de que resten prazas vacantes noutros cursos unha vez pechado o prazo de inscrición.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



