Burela, 23 de setembro de 2014. O Concello de Burela comezou este martes unha actuación na rúa do Río para mellorar o saneamento da beirarrúa das vivendas sociais.
O alcalde, José María González Barcia, e o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, comprobaron hoxe mesmo a situación actual e o inicio das obras, xunto con técnicos municipais.
“Con esta actuación, atendemos, unha vez máis, as demandas dos veciños do noso concello e damos solucións aos problemas existentes”, afirmou o alcalde, José María González Barcia.
O edil de Obras, Manuel Fernández Valle, manifestou que “na actualidade se están producindo filtracións nos garaxes, que parece se deben a problemas no tubo de saneamento. Por iso, procederemos a substituír un boa parte do tramo de saneamento e a adecuar o nivel da beirarrúa, que presenta algunhas zonas afundidas polas que se poden provocar esas filtracións”.
Fernández Valle, que espera que as obras estean rematadas nun prazo de tres semanas, tamén manifestou que as obras de Ramón Farré están xa a piques de rematar.
Finalmente, Barcia pediulles “disculpas aos veciños polas posibles molestias que se poidan producir coas obras, aínda que imos procurar causar as menos posibles”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



