Pasados case dez días da primeira edición do Festival Osa do Mar é un bo momento para recordalo, analisalo, facer unha breve valoración e deixar paso a unha segunda edición que promete fortes emocións.
Cando se pisaba por primeira vez o recinto do Festival Osa do Mar algo ilusionante subía polo corpo, podíase respirar que estaba todo feito con esforzo e cariño conseguindo que transmitise unha proposta diferente. Un espazo reinventado para un uso público, decorado e acondicionado coas diversas estructuras necesarias. Un exército de voluntarias e voluntarios da Asociación Cultural Fanto Fantini armados con camisolas negras que como formigas se movían dun lado para outro cos seus diversos traballos. Zeus e Poseidón pactaron coa Osa unha tregua que nos deixaron dous días ideais.
Unha idea arriscada e complicada que se materializaba con altas doses de creatividade, valentía e esforzo cooperativo dando un resultado máis que positivo. 1.000 persoas vendo a 20 grupos que o deron todo e soaron perfectamente grazas a uns boísimos profesionais (da empresa Luzsonga de Lugo). Os membros da directiva de Fanto Fantini aseguran ter cumpridas con creces todas as expectativas e dan as grazas a patrocinadores, colaboradores, voluntarios, asistentes e técnicos que fixeron da primeira edición do Festival Osa do Mar algo único e con un ambiente espectacular.
Pechados os detalles dun duro venres pechando todos os detalles pendentes culminouse cando empezou o campeonato de BMX ao lado da praia da Marosa, os asistentes comezaban a chegar ao recinto para ver o primeiro concerto dos burelaos Skohlma, unha formación divertida e comprometida de rapaces que daban o seu último concerto no Osa do Mar xa que se disolven por temas de estudos. A formación indie viguesa Los Septiembre daba mostras das suas táboas e brindábanos unha completa actuación. Os veciños Sunday Morning Club (de Viveiro) xa diante de un numeroso público desplegaron o seu repertorio e encandilaron ao público. O partido xa collera ritmo cando o rock serie b dos Ataque Escampeinundou o escenario. Os Hama Prince (antigos Dirty Socks) presentábanse e amosaban novos traballos con éxito no Osa do Mar. Sobre as doce da noite osMoondogs Blues Party creaban un ambiente de blues irrepetíbel no recinto. Os diferentes estilos íanse superpoñendo sen ningún problema e o cambio de rexistros causaba boa impresión no público. Tocáballe a vez aos virtuosos Acid Mess co seu rock psicotrópico setenteiro, descubríndose como unha das revelacións do Festival. Iniciábase a recta final dun venres frenético cos portugueses The Glockenwise, un concerto con toda a esencia do seu desenfadado garage-rock. Os burelaos The Brosas subíanse ao Osa do Mar para un contudente concerto que fixo saltar ao público. Pechaba esta primeira xornada a banda indie electrónica de Valga:Músculo!
Non había resaca que valese e o sábado 13 a xente levantouse con gañas de música e festa enchendo as tres terrazas onde tivo lugar a sesión vermú. Elementary no Traste foi delicadamente dando paso á música, Rockatansky Brothers e o seu rock sufeiro animou a terraza da cervexería Kiko mentres o público podía admirar a alfombra floral que decoraba o paseo. A ruta finalizaba no Hotel Nordés co intenso concerto dos Remakers. Unha ruta “in crecendo” na que a vila de Burela puido sentir o Festival.
Os máis pequenos tamén tiveron o seu espazo no Osa do Mar con variosobradoiros musicais nos que escoitaron contos adaptados, pintáronse de osas e osos, fixeron instrumentos con materiais reciclados e puideron pasar unha boa e musical tarde.
O sábado á tarde na praia da Marosa coa música de Disco Episcopal celebrouse o día forte do campeonato de BMX (organizado polos rapaces de Puncturebmx) e a exhibición de graffitis de Concepto Circo dándolle ambiente e colorido á zona antes de reunirse outra vez no recinto do Osa do Mar.
Con algo de retraso comezaban os concertos da xornada do sábado. Batuko Tabanka sorprendía aos asistentes con unha tremenda actuación dando mostras da multiculturalidade e integración burelá. Grampoder ía animando a un público preparando o terreo para todo o que quedaba por diante. Santa Rita, coa cervense Cecilia á cabeza, levantou a un público xa entregado. Os espectacularesKillimanjaro chegaron como un foguete de Portugal para deixar sen palabras aos asistentes. Das Kapital ofreceu a súa traballada e alternativa proposta. O ruido deTriángulo de Amor bizarro era un dos pratos fortes e de seguro que non defraudou a ninguén co seu demoledor concerto. Faltaba a recta final cos grupos do Colectivo Metamovida moi vinculados á interesantísima iniciativa do Liceo Mutante de Pontevedra, abriu boca Cró! para dar paso á psicodelia “stoner” de Guerrera.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



