Ribadeo, 4 de setembro de 2014. A Concellaría de Medio Ambiente de Ribadeo anunciou este xoves que realizará unha campaña de recollida de plásticos agrícolas e silos no municipio. Será os vindeiros días 15, 16 e 17 de setembro e a recollida farase porta a porta por todas as parroquias do concello. Os interesados poderán consultar a información detallada a través dun bando informativo que será publicado nos vindeiros días.
A recollida iniciarase a partir do mediodía do 15 de setembro e estenderase ata o día 17. O Concello espera recoller nestes tres días o maior número de plásticos agrícolas posibles, para logo proceder á súa correcta reciclaxe de maneira sostible. Os traballos de recollida levaranse a cabo porta a porta por todas as parroquias do municipio. Os veciños poderán entregar tanto material plástico como restos de silos que lles resulten inservibles.
O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro, sinalou que “dende o Concello agradecemos aos veciños que teñan os plásticos preparados para pasar a recollelos nos días fixados. Recordámoslles que non os metan en big-bags, que os agrupen si, pero nada máis, xa que así nos axilizan as tarefas de recollida e fan que todo o traballo vaia máis rápido”.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



