Dende o PSdeG-PSOE de Burela e despois de facer pública unha denuncia polo cobro que nos entendemos irregular por parte de membros do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, e ante as nulas explicacións ós veciños e veciñas de Burela deste feito por parte do Sr Barcia, queremos informar a todos os veciños e veciñas de Burela que imos a seguir en busca destas explicacións, e imos a remitir un escrito ó Valedor do Pobo para ver si esta Institución é capaz de aclarar, ou facer que se aclaren o cobro destas dietas de desprazamento sen ningún tipo de xustificación nin explicación.
Recordamos que se trata das dietas inxustificadas por parte de dúas Concelleiras do equipo de “desgoberno” do Partido Popular que “curiosamente” fan tres desprazamentos ó mes a Santiago, non se sabe a que, que nos custan ós veciños e veciñas de Burela 700 euros mensuais. Ó noso entender, e posto que na documentación que obra no noso poder, non se acompaña ningún tipo de xustificante para eses cobros, trátanse de soldos encubertos para “premiar” a estas dúas Concelleiras.
No escrito que imos a remitir ó Valedor do Pobo imos a pedir que se estuden por parte de este organismo que todas as dietas que cobra o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela conten con todas as xustificacións que deben de levar os cobros de cartos públicos. En caso de que o Valedor do Pobo non sexa capaz de poder aclarar esta situación, estudaremos xunto cós servizos xurídicos do PSdeG-PSOE a posibilidade de remitir a documentación á Fiscalía pra que esta determine se pode existir algún tipo de delito nestes comportamentos.
Dende o PSdeG-PSOE de Burela entendemos que o gasto de cartos públicos debe de facerse con luz e taquígrafos e non imos a tolerar que os cartos dos veciños e veciñas de Burela se gasten en dietas de viaxe, que ante a falla de explicacións por parte do Sr Barcia, entendemos que eses viaxes non se fan e non son máis que soldos encubertos.