O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organiza para o vindeiro domingo 21 de setembro unha Ruta de Sendeirismo pola Ribeira Sacra do Miño, concretamente van a facer a Ruta PR.G-162 nos Concellos de O Saviñao e Pantón, correspondente á 9ª ruta do programa “O Son do noso Miño”, na cal o grupo está seguindo o Río Miño dende o seu nacemento en Meira. Con saída no pobo de Belesar, a ruta de 14 km e dificultade media, percorre polo medio dos viñedos en plena vendimia, ata chegar ao Pazo de Arxeriz, pasando por varios sitios emblemáticos da Ribeira Sacra: Castro de Mourelos, Praia Fluvial de A Cova, e o espectacular Cabo do Mundo. Tamén se visitara a Adega Moure (Abadía da Cova), a Igrexa Románica de San Estevo da Cova, e o Ecomuseo e Pazo de Arxeriz. A inscrición permanecerá aberta ata o xoves 18 de setembro por un prezo de 12 euros os socios colaboradores federados, 14 os non federados, 15 os non socios federados e 17 os non socios nin federados. Para os socios menores de 18 anos a actividade será gratuíta. A comida realizarase de bocadiño.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



