A ruta do río da Fraga, tamén chamada dos ladróns, no concello de Moaña (Pontevedra), discorre á beira do río por un espazo natural onde existen un sinfín de especies autóctonas que lle confir unha beleza natural destacable. No seu percorrido pódese ver un total de 30 muíños, algúns deles xa restaurados. Ademais de cunha sinalización perfecta, durante a mesma conta con apeiros de labranza e paneis explicativos do proceso de elaboración do pan. Os senderistas de Pasada das Cabras de Burela disfrutaron este sábado desta ruta e para iso desprazáronse ata Moaña. Ó seu remate repuxeron forzas no restaurante O Migueo de Moaña dende onde retornaron a Burela.
