A Mariña, 29 de setembro de 2014.- Fermoso día de outono con sabor a verán tardío o que permitiu gozar dun espazo natural marabilloso, o val do rego da Furna, un val formado por un antigo glaciar que, non sendo oficialmente cabeceira do río Ouro, constitúe o seu ramal máis longo. O grupo de sendeiristas que respondeu este pasado sábado á convocatoria de MariñaPatrimonio atravesou ata vinte veces o curso pedregoso do río que serpentea ondulante polo fondo do antigo val glaciar.
As recentes choivas da pasada semana xa permitiron o crecemento de gran variedade de cogomelos, sobre todo boletos, cantarelus e rúsulas, que non pasaron desapercibidos para os paseantes. Pola fraga que forman os tres regos que confluen na cabeceira do val o grupo recreouse na enorme variedade de especies vexetais, carballos, bidueiros, acibros, freixos… e numerosos indicios dunha activa vida faunística de aves rapaces, xabaríns, cabalos, lobos…Os regos, na cabeceira do val máis pendente, son unha fermosa sucesión de pequenas fervenzas e pozos labrados sobre a rocha granítica.
O paseo comezou e rematou na capela de Sta. Filomena, resto dunha antiga igrexa do S. IX ou X, da que se conserva soamente a ábsida e unha parte dos muros, que nos dan idea da dimensión dese templo orixinal. Tristemente, o seu estado de conservación non está á altura do seu valor patrimonial, e non está peor porque a vecindade se ocupa minimamente do seu coidado.
A actividade prorrogouse coa subida ao pico do Cadramón, o punto máis alto da Serra do Xistral(1.056 m) desde onde se pode contemplar unha panorámica realmente espectacular, e finalmente coa visita á Pena Abaladoira situada á esquerda da estrada que comunica o Valadouro con Abadín, no medio dun auténtico festival de formacións graníticas. Unha refrescante cervexa na vila de Ferreira pechou unha xornada redonda, que deixou un agradable sabor de boca aos participantes.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



