A Asociación Cultural “La Santina” de Foz celebrará o sábado 13 de setembro a festa na honra á Virxe de Covadonga -patroa de Asturias- en Foz por trixésimo quinto ano consecutivo. Os actos programados para esta xornada comezarán ás 18.30 horas con pasarrúas e actuacións nos xardíns de Conde de Fontao do grupo A Subela de Foz. Ás 20.00 horas haberá misa e concerto na honra á Santina na igrexa parroquial de Foz cantada polo coro “Villa de Navia” de Asturias. Ás 21.30 horas celebrarase a gran espicha na Sala Bahía cun menú composto por bolos preñados, chourizos á sidra, xamón asado, calamares, polbo á feira, tortilla, sobremesa e café; ademais de sidra e viño a esgalla. O prezo é de 25 euros por persoa. Os interesados poden inscribirse nos teléfonos 982 141 480 ou 676 420 971 ata o xoves 11 de setembro.
Santina en Foz
Santina en Foz
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura