A AVV O Tesón de Ribadeo ten establecida como actividade anual unha viaxe social aberta. Iso significa que a viaxe está pensada para fortalecer a unión entre os socios desenvolvendo os obxectivos sociais, e tamén pretende achegar a asociación e o conxunto da sociedade que na que está inmersa.
No presente ano 2014, está previsto que a viaxe se desenvolva polas terras próximas de Burela e San Cibrao, o próximo 27 de setembro. A saída será ás 10 da mañá da praza do mercado de Ribadeo, e ten previsto artellar o día arredor de dúas visitas principais. Unha delas será ó xeriátrico de Burela, co motivo do comezo das obras da residencia de maiores de Ribadeo, para poder aprezar a realidade dun centro destas características. E, a outra, ó Museo Provincial do Mar, de San Cibrao, coa vista posta en que xa hai anos que anda rondando a idea de aproveitar instalacións ribadenses para un museo estable (hai unha pequena exposición permanente en Santa Cruz, se ben non está hábil para a súa visita diaria).
As dúas visitas complementaranse con outras, como a subida ó Monte Castelo para abranguer o arco de costa entre a balsa de lodos de Alcoa e Tapia. Asemade, está previsto comer de xeito conxunto, falando de temas diversos como preparación da asemblea da asociación, que terá lugar o mes próximo.
O custe da viaxe será de 8€ para socios e 12€ para non socios. En ambos casos comida aparte. Para máis información e inscricións nos teléfonos 629 806 592 ou 663 749 442 ou con calquera membro da directiva.