Burela, 7 de outubro de 2014. O Concello de Burela puxo en marcha onte, luns 6 de outubro, o seu programa de autonomía persoal Axilmente. Nel, participan un total de 40 persoas, maiores de 65 anos e empadroadas no municipio, que poden gozar xa deste obradoiro de ximnasia mental en dúas quendas. O primeiro grupo comezou onte coa actividade e o segundo farao esta tarde a partir das 17:00 horas. As actividades desenvólvense na Casa da Terceira Idade de Burela, lugar ata o que se achegaron onte o alcalde, José María González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. Alí puideron coñecer de cerca como se está a levar a cabo esta actividade de carácter gratuíto que busca favorecer o envellecemento exitoso.
O programa Axilmente está organizado pola Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela e levarase a cabo durante os vindeiros 8 meses en horario de 17:00 a 18:30 horas, os luns e mércores para os alumnos do primeiro grupo, e os martes e xoves para os da segunda quenda. Dende o Concello, recordan que o obxectivo deste curso “é lograr unha boa estimulación cognitiva, que favoreza a prevención da dependencia, e mellore a calidade de vida das persoas maiores no seu día a día”.
A responsable de Servizos Sociais de Burela, Diana Durán, recordou que “a intervención con maiores convértese non só nun obxectivo social, senón nunha inversión de futuro. O fin último é previr a dependencia e afrontar o envellecemento dende unha actitude positiva e aberta. Por iso, levamos a cabo este obradoiro no que tratamos de dotar ás persoas maiores das ferramentas necesarias para mellorar a súa calidade de vida, tanto nos seus hábitos de coidado, coma nos ámbitos sanitarios e cognitivos”.























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



