Lourenzá, 16 de outubro de 2014. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, informou este xoves a través dun bando municipal de que xa se atopa aberto o prazo para inscribirse no programa da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta Xuntos polo Nadal. A iniciativa, que parte da Dirección Xeral de Política Social do organismo autonómico, ten como obxectivo permitir que todas as persoas maiores de 60 anos, que se ven obrigadas a pasar as festas de Nadal soas, poidan facelo acompañadas desprazándose ás residencias de tempo libre de O Carballiño, Panxón e Nigrán dende o 23 de decembro ata o 2 de xaneiro. Os participantes deberán estar empadroados nalgún municipio galego, valerse por si mesmos e non estar acollidos en ningún centro residencial. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de novembro e os interesados poden tramitar xa as solicitudes a través do departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá.
A responsable laurentina recordou que “no programa Xuntos polo Nadal poden participar todos os maiores de 60 anos que se vexan obrigados a pasar estas festas en soidade. Deberán ser persoas que se vaian por si mesmas e non padezan ningunha enfermidade infecto-contaxiosa ou trastorno mental ou conductual. A documentación que deben presentar os interesados basease nun documento de solicitude, un informe social e unha declaración responsable. Os servizos ofertados serán o aloxamento en cuartos compartidos e a manutención dos participantes en réxime de pensión completa, así coma actividades de animación sociocultural. O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de novembro e os interesados poden recibir máis información a través dos nosos Servizos Sociais municipais”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



