Lugo, 17 de outubro do 2014- A Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas presentou este xoves na Galería Sargadelos de Lugo un especial do Terra e Tempo, baixo o nome “50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía de Galiza”. Trátase dun monográfico que ten por finalidade dotar de argumentos aos cidadáns que queren unha Galiza independente nun momento de máxima caricaturización e demonización dos nacionalismos. A saída do prelo desta publicación coincide tamén coa celebración do 50 aniversario da Unión do Povo Galego, o partido con máis historia e lonxevo de Galiza.
No acto, estiveron presentes Néstor Rego, secretario xeral da Unión do Povo Galego; Rubén Cela, coordinador do monográfico; e Paz Abraira, portavoz municipal do BNG. Durante a presentación fixeron un repaso do que os lectores se poden atopar neste libro. Destacaron que se trata dunha defensa do dereito de autodeterminación dende una perspectiva formada e informada e que a Fundación o puxo en marcha coa firme crenza de que non se pode pensar nun proceso de autodeterminación sen coñecer de antemán os piares teóricos sobre os que se construíu a ideoloxía nacionalista e a súa concreción práctica na Galiza.
No volume colaboran persoeiros destacados da historia do nacionalismo neste país como o propio Bautista Álvarez, Francisco Rodríguez, Xavier Vence, Pilar García Negro, Néstor Rego ou Alfredo Suárez Canal, entre outros. Unha análise, por eidos competenciais e temáticos, que da resposta ás preguntas que xorden á hora de abordar un proceso de autoorganización do pobo galego.
O momento no que sae á luz este monográfico non é casual, tal e como destacaron os participantes da presentación, xa que neste momento está claro que algo se move en Europa. Tras o referendo histórico en Escocia, con importantes avances cara á reunificación de Irlanda ou a independencia de Flandres e cun cuestionamento, cada vez maior, do actual proxecto de Unión Europea. E que algo se move tamén no Estado español, inmerso nunha profunda crise económica, mais tamén de lexitimidade e esgotamento do seu modelo territorial. A consulta de Catalunya, a inminente nova estratexia do conxunto do nacionalismo vasco na defensa do dereito a autodeterminación en Euskal Herria ou o cambio de rei, son claros indicios de que algo vai mudar na configuración territorial e política do Estado español. As preguntas son: O que? Para que? Como? e, sobre todo: Que papel vai desempeñar Galiza nese proceso? E iso intenta responder este monográfico.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



