Ribadeo, 30 de outubro de 2014. O Concello insiste en que conta cun servizo de recollida de enseres a domicilio e advirte que deixalos abandonados na vía pública será obxecto de sancións que poden oscilar entre os 90 e os 180 euros, segundo informa a Concellaría de Medio Ambiente.
Desde esta delegación municipal sinalan que “dada a grande cantidade de enseres que son abandonados na vía ou en espazos públicos de Ribadeo estes feitos serán investigados e procederase á súa sanción”. E lembran que “a ordenanza de protección medio ambiental do Concello, no seu artigo 76, considera unha infracción grave abandonar mobles ou enseres na vía ou espazos públicos, fixándose unha sanción entre 90,15 euros e 180,30 euros”.
A Concellaría de Medio Ambiente indican que “o Concello pon a disposición dos seus veciños e veciñas un servizo de recollida de enseres a domicilio. No caso dos enseres metálicos (neveiras, lavadoras, cociñas, somieres…) recóllense os primeiros martes de mes, previa solicitude nas oficinas municipais e o pago dunha taxa de 3,47 euros. E os enseres de madeira (sofás, camas, armarios ou doutros materiais coma colchóns…) recóllense os últimos martes de mes, tamén previa solicitude e o pago dunha taxa de 3,47 euros”. E engaden que “ademais os veciños pola súa conta poden acercar os enseres ao punto limpo. Non teñen que pagar ningunha taxa pola xestión dos mesmos”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



