Ribadeo, 28 de outubro de 2014.- A praia das Catedrais segue a recibir recoñecementos. O último: ser elixida coma unha das sete marabillas rurais do Estado polas miles de persoas que durante tres semanas participaron nunha votación posta en marcha por Top Rural, un blog de turismo rural e de escapadas de fin de semana. O alcalde, Fernando Suárez, amósase satisfeito por esta nova.
O rexedor considera que “temos que estar moi satisfeitos por ter un dos lugares máis emblemáticos do mundo, porque volve estar a praia das Catedrais nestes ránkings de recoñecemento. Agora acadou o posto número catro coma marabilla rural do Estado, destino e escapada de fin de semana, onde competía cunha chea de lugares dunha grande beleza”.
Suárez Barcia sinala que “este noso areal ten tanto a nivel estatal coma internacional unha serie de recoñecementos que fan dela un destino turístico imprescindible para ver, para visitar e para vir aquí a Ribadeo a aproveitar a hostalería, aproveitar o turismo e toda esta riqueza que a praia das Catedrais está a deixar neste concello e por extensión nesta comarca”. Por este motivo o alcalde ribadense agarda que “a todo o mundo lle veña o sentidiño de cara a que as medidas que adoptemos no futuro máis inmediato pasen polo que estamos dicindo desde o Concello de Ribadeo co apoio de numerosísimas persoas, institucións e cargos desde o punto de vista do medio ambiente e do turismo de que hai que regular, pero hai que ter sentidiño para non cortar dun xeito drástico todo este fluxo de xente que nos ven visitar. Sería unha mágoa rachar con isto”.
Fernando Suárez dixo: “a ver si este novo recoñecemento significa un impulso para que todo este litoral da costa poida ser máis cedo que tarde declarado parque natural e que o monumento natural das Catedrais teña un recoñecemento real máis aló de todos estes que nos están dando nestes últimos tempos”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



