Ribadeo (Lugo), 2 de outubro de 2014.- A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, participou hoxe na constitución da Comisión de Coordinación Institucional da Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón. Nesta reunión tamén participaron representantes do Principado de Asturias, alcaldes dos concellos enmarcados nesta Reserva, ou membros de sectores con intereses na mesma.
Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consejería de Agroganadería y Recursos Autóctonos do Principado de Asturias asinaron en Castropol o día 11 de decembro de 2013 o Protocolo de colaboración para a Coordinación da xestión da Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón.
O órgano establecido hoxe é o primeiro deste protocolo, xa que a xestión desta Reserva contará cunha Comisión de Coordinación Institucional, unha Comisión xerente e un Foro de Participación social.
A directora xeral de Conservación da Natureza explicou que “para poder cumprir co establecido no Plan de Acción de Montseny 2009-2013 para a Rede de Reservas da Biosfera Españolas é urxente a constitución dos órganos de administración e os órganos de participación da Reserva da Biosfera”. Neste sentido, hoxe xa se deu o primeiro paso para avanzar na axeitada xestión destes espazos naturais.
Na reunión mantida hoxe tamén se levou a cabo a aprobación do borrador do Plan de Acción da Reserva, que será presentado ao Foro de Participación Social cando se constitúa, xa que entre as súas funcións está a de informar preceptivamente os Plans de Accións da Reserva da Biosfera, propoñendo, no seu caso, as medidas oportunas para a súa conservación, mellora e coñecemento e para o desenvolvemento económico e social da zona.
Reserva da Biosfera
Esta Reserva, que foi aprobada pola UNESCO en setembro de 2007, ocupa unha superficie de 159.017 ha., repartidas entre 14 concellos, 7 na comunidade galega: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, Fonsagrada e Negueira de Muñiz; e 7 na comunidade asturiana: Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos. Non obstante, o reparto superficial non está equilibrado xa que dúas terceiras partes (algo máis de 108.000 ha) atópanse incluídas dentro de territorio galego, mentres que o terreo restante (case 51.000 ha) é territorio asturiano.
EDAR Ribadeo
Por outra parte, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de comezar os traballos para a construción do emisario submarino da EDAR de Ribadeo, que ten un custo de case 600.000 euros.
A EDAR está funcionando dende o verán do ano 2011, cumprindo os parámetros de vertedura. Agora, o novo emisario submarino reconducirá o vertido cara o fondo do mar, onde terá unha maior dilución, reducindo así o risco en caso dun fallo da planta. En global, as infraestruturas e a explotación do servizo de depuración de Ribadeo ata o 2031, supoñen un investimento para a Xunta de Galicia de máis de 19 millóns de euros.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



