Trasbar dará inicio ó seu campionato de tute a fin de semana do 18 e 19 de outubro a partir das 18.00 horas. Os calendarios cos emparellamentos entregaranse durante esa mesma semana. Por outra banda, os martes e os xoves de 19.00 a 20.30 horas desenvolveranse as clases de ximnasia de mantemento dirixidas a persoas de todas as idades no local social de Trasbar. Trátase dun actividade promovida polo programa da Deputación “Mo-vémonos” que se dará por rematada en maio. Finalmente, o calendario de actividades previstas pola asociación de veciños do Burgo de Trasbar para as vindeiras semanas tamén conta co patrocinio da Deputación a través do programa Buxiganga. O sábado 15 de novembro o local social acollerá unha representación teatral a partir das 19.00 horas coincidindo co magosto.
Actividades de outono en Trasbar
Actividades de outono en Trasbar
Relacionado
-
30 Aniversario da Pena Madridista Vallibria de Mondoñedo
-
O coro asturiano animAVoices presentará este sábado, 24 de maio, ás 12:00 h no Casino de Navia, o seu novo videoclip: unha emotiva versión coral da Miña mozuca, de Melendi
-
A guía Cristina Díaz Leguina acompaña desde Mondoñedo a un grupo de oito peregrinas provintes de Estados Unidos e Canadá.