Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2014.- Segundo Alternativa Galega de Esquerda (AGE), o Estado reserva para Lugo un novo ataque ás condicións de vida das traballadoras e traballadores. “Estas contas impiden albiscar a saída para unha crise brutal”, denuncia o deputado Ramón Vázquez, “nin a posibilidade dunha vida digna para a cidadanía de Lugo, unha provincia onde case a metade da poboación sofre carencias materiais severas”. As necesidades reais da xente fican, unha vez máis, esquecidas. “As lucenses e os lucenses precisan pan, teito e traballo, e non cemento e tixolos”, resume Vázquez.
O gasto previsto polo Estado –que adoito, por outra banda, queda sen executar- para o ano 2015 na provincia de Lugo relegan o gasto social e céntranse nas autovías a Compostela e mais a Ourense. “O Goberno de Rajoy, co asentimento de Feijóo, prioriza as grandes infraestruturas sen planificación territorial ningunha”, engade, “e reduce o gasto social e os servizos sociais básicos nun contexto en que a cidadanía pasa pola peor situación da historia recente”. Exemplos gráficos son as partidas destinadas a prestacións por desemprego ou a política de vivenda, que baixan un 15% e un 26%, respectivamente. “E isto acontece cando na provincia hai máis de 22.000 desempregadas e desempregados e milleiros de cidadáns e cidadás que non poden acceder a unha vivenda”, apunta.
“Diñeiro para obras a costa das prestacións sociais básicas son o resumo destes orzamentos para o 2015”, conclúe Ramón Vázquez.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



