28 de outubro de 2014.- A directiva da Confederación ANPAS GALEGAS reuniuse en Vigo este 25 de outubro dun xeito distinto ao que acostumamos xuntarnos, variamos a sede, a duración e os contidos; tratamos, e conseguimos, facer unha reunión que durara toda a xornada, e na que se falara de todos os temas que están actualmente nas preocupacións das federacións participantes, e das súas anpas asociadas.
Logo da exposición das diversas experiencias das oito Federacións que compoñemos ANPAS GALEGAS, concluímos que existe un modelo arrastrado doutros tempos que identifica ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnos como organizacións adicadas á prestación de servizos educativos complementarios, e que ese modelo está afianzado na colectividade de tal xeito que as familias descargan ás administracións públicas das súas obrigas en prexuízo de si propios, porque ao final as anpas non somos cousa diferente das familias.
Este modelo trae unhas consecuencias non procuradas, nin queridas, que son:
– A progresiva desaparición das familias na toma de decisións e na planificación da actividade educativa.
– Unha baixada de participación das familias no asociacionismo educativo.
– Unha total confusión sobre o lugar que deben ocupar as Anpas na vida cotiá dos centros.
Este é o resultado de décadas de abandono das súas obrigas por parte das sucesivas Administracións educativas, décadas de descarga das súas funcións noutros colectivos, e décadas que nos van arredando cada vez máis dese ensino público moderno e competente polo que traballamos todos os días.
A nosa lectura é que contra disto é preciso xuntar dúas accións:
– Dunha banda,manter a reivindicación permanente diante das administracións públicas para que asuman todos os servizos educativos complementarios como parte da oferta educativa, dun xeito igualado para todo o territorio galego, tanto na súa extensión como no seu tratamento económico; coma sempre temos que dicir, porque hoxe en día hai que o repetir de seguido, que nós entendemos a igualdade como o trato diferenciado ás diferentes realidades, na procura da equidade global.
– Doutra banda, afondar na formación da xente que participa nas asociacións; para que non asuman sen pensalos os roles que veñen marcados polo costume, senón que debatan e consideren que existen outros xeitos de actuar e outros obxectivos para o seu traballo. Logo cada quen decidirá o que quere facer, pero iso nunca se consegue dende o descoñecemento.
As tres ideas que marcabamos máis arriba están ligadas entre si, a participación das familias diminúe porque o traballo que se ofrece é pouco atractivo e ten unha proxección a curto prazo, e semella que as Anpas non satisfacemos o maioritario desexo das familias de se preocupar pola Educación con maiúsculas: se a Anpa só se adica a facer algunhas cousas concretas que se consumen en si mesmas, non precisa dunha gran participación; e tamén isto implica que o lugar que a Anpa podería ocupar na vida dos centros está totalmente tapado por estas actividades.
Nós entendemos que as Anpas temos o noso lugar no Ensino Público, e ese lugar é o lugar das familias. Un Ensino sen a presenza das nais e dos pais convértese nunha simple academia, un lugar onde se transmitan datos e se fagan exames; pero nós queremos que os nosos fillos aproveiten a súa etapa escolar cunha perspectiva máis ampla, que lle serva como complemento formativo para toda a súa vida, como aprendizaxe de habilidades sociais e como base do seu pensamento futuro.
Por iso un dos obxectivos da Confederación nun próximo futuro será a formación das directivas das anpas asociadas, a medio de cursos, xornadas, publicacións e conferencias, na seguridade de que esa formación propiciará o debate sobre o papel das Anpas no Ensino público; e que ese debate enriquecerá a toda a sociedade.
Pola tarde fixemos un traballo de posta en común dos nosos obxectivos a curto prazo, en qué cousas gustariamos de traballar, e en que outras temos que facelo porque a realidade nolo manda; e neste último grupo está a problemática dos recortes educativos, fundamentalmente este curso afectando en profundidade á atención á diversidade, retirando sistematicamente profesorado de apoio dos equipos dos nosos centros, ao igual que acontece cos coidadores, e cuns equipos directivos e de orientación que se ven totalmente desbordados por unha situación que impide a planificación e a organización, e o tratamento a longo prazo que as necesidades educativas esixen.
Canto a recortes falamos tamén dun que non adoita saír nos medios, o recorte de dereitos ao que nos vemos sometidas as familias, e a sociedade toda, pola vía da desaparición silenciosa e da negación interesada; se non hai información sobre o que temos dereito a esixir, esedereito acaba por desaparecer, e esa ven sendo a intención das autoridades educativas cando falamos de cousas como a atención domiciliaria, ou os apoios terapéuticos. O noso labor aí está na difusión, na información, na presenza deses dereitos como parte cotiá da vida educativa.
Tamén, aínda que falsamente semelle que non é o noso sector, falamos da nova lei de seguridade cidadá, tema que se está a responder na Alianza Social Galega, da que formamos parte, organizando as mobilizacións necesarias para dar resposta a un proxecto que tenta cortar as nosas liberdades baixo a falsa escusa da preservación dunha orde pública que nós non vemos ameazada por ningures.
Avanzamos un chanzo máis nas dúas campañas que promoveremos este curso a nivel confederativo: o estudo sobre accesibilidade nos centros públicos, e a elaboración dun documento base para presentar aos candidatos nas próximas eleccións municipais; en ámbolos dous temas estamos xa nunha fase de inicio avanzado.
E concluímos cunha reflexión que non por repetida deixa de ser certa: somos a confederación que agrupa a un maior número de federacións e territorio en Galicia, e iso implica a responsabilidade de traballar para que a nosa voz, que é a voz das familias, se escoite máis e máis claramente, porque sen comunidade educativa non hai Ensino Público, e nós somos parte desa comunidade.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



