A Universidade Rural de Barreiros, a novidosa iniciativa do Colectivo Cultural Ollomao que foi exitosamente acollida na súa primeira edición, volverá ser posta en marcha de novo a partir da semana que vén. Para esta ocasión, o colectivo organizador acordou repetir tres dos cursos, denominados “sementes” na Universidade Rural, que máis asistentes tiveron na anterior edición, variándoos de día e lugar de celebración, coa finalidade de dar oportunidade a aquelas persoas interesadas nas temáticas a tratar e que non tiveron ocasión de asistir o pasado curso. Todas estas clases estarán impartidas por unha vintena de docentes, profesionais con titulación en cada materia, profesorado de universidade e persoas con acreditada experiencia laboral.
A escola de Vilamar converterase dende o luns 6 de outubro, na aula de “Ciencias xurídicas, sociais e económicas”. Nesta semente trataranse durante 10 semanas sesións con diferentes contidos: o dereito na familia, herencias; o dereito como persoa traballadora, como cliente e o dereito ás reclamacións de consumo; dereito penal, os xurados populares; fiscalidade e como funciona o sistema de impostos; lei electoral e orzamentos participativos, entre outros.
As persoas interesadas na semente de Enxeñería do Medio Rural, deberán asistir os martes á escola e Gondán.Empezará o día 7 de outubro. Nesta, diversos expertos na materia, nalgúns casos, profesores da Universidade de Santiago, tratarán temas como a propiedade agraria e o territorio; como incorporarse á actividade agraria; como xestionar unha explotación agrogandeira; aproveitamento e alternativas na gandería; aproveitamento dos montes veciñais para o desenvolvemento rural e alternativas na xestión de montes; ou agricultura ecolóxica; e comercialización e marketing.
A terceira semente escollida é a de Ciencias da Saúde, que nesta ocasión terá lugar nos recén reformados colexios vellos de San Miguel de Reinante. Ao igual que os outros dous cursos, está prevista unha duración ata mediados de decembro, nesta ocasión todos os mércores dendo o día 8. Os temas que se impartirán son algúns como primeiros auxilios; psicoloxía familiar e saúde mental; hábitos de vida saudable: o risco das drogas; alimentación equilibrada e sexualidade; e como atender á persoa dependente, entre outros.
Os tres primeiros días das clases, 6, 7 e 8 de outubro, a asistencia a calquera das sesións é totalmente libre e gratuita. As persoas interesadas en continuar asistindo deberán formalizar a súa matrícula na Universidade Rural de Barreiros, que conleva un prezo único de 15€ para a duración total do curso, no caso de asistir a unha das “sementes”; 25€, no caso de asistir a dúas; e 35€, a tres.
O horario de todas elas é de 20h. a 22h. pero o Colectivo Cultural Ollomao ofrece a posibilidade de modificar o horario no primeiro día de clase se así é acordado polas persoas interesadas en asistir. Esta actividade está dirixida a todas aquelas persoas que desexen asistir, sen haber establecidas limitacións por cuestión de idade, se resida ou non no concello de Barreiros, nin polos estudos previos dos que se dispoña.
Para máis información, o Colectivo Cultural Ollomao habilita dúas canles de contacto: por correo electrónico ao enderezo colectivo.cultural.ollomao@gmail.com; ou por teléfono, no 650542932.
XOVES UNIVERSITARIOS
Como novidade nesta edición, algún dos xoves durante o curso terán lugar charlas monográficas, debates ou coloquios, nos bares do Concello de Barreiros. Serán de asistencia libre e gratuíta, non sendo preciso ser alumna ou alumno da Universidade Rural para asistir. Ollomao dará a oportunidade de que as persoas interesadas suxiran que temas lles gustaría que se trataran nos “Xoves universitarios”, procurando cubrir aqueles de máis demanda.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



