Santiago, 21 de outubro de 2014.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que a Xunta de Galicia xa ten en marcha un protocolo de actuación contra a avespa asiática, e animou a intensificar, tal e como está a facer a Xunta, os medios de loita contra esta especie invasora
Emenda á iniciativa do BNG
Así o aclarou o deputado popular no seo da Comisión de Agricultura, Alimentación e Montes celebrada esta mañá no Parlamento de Galicia, onde os populares rexeitaron unha iniciativa do BNG na que se demandaban iniciar distintas accións “que o Goberno galego xa ten en marcha”.
“Os populares rexistramos unha emenda instando á Xunta a continuar co desenvolvemento deste protocolo, que o BNG non debera descoñecer, nin desprezar, porque ademais foi consensuado cos propios profesionais e cos apicultores, e que xa se leva aplicando desde que se detectou a presenza desta especie, na nosa Comunidade”
Programa de vixiancia
Balseiro aclarou que o Programa de Vixilancia e Control fronte á avespa asiática xa inclúe as medidas que os nacionalistas pedían que se impulsases. En concreto, o Goberno galego elaborou un plan de actuación que incorpora accións de vixilancia activa (capturas de avespas mediante trampas, retirada de niños polos servizos de emerxencia), medidas de vixilancia pasiva (protocolización dos avisos por parte da cidadanía da posible existencia de niños) e accións divulgativas (dirixidas á sociedade e cursos de formación específicos para o persoal implicado no recoñecemento e retirada de niños)
A maiores a Xunta xa dispón de información actualizada sobre a extensión e distribución desta avespa en Galicia, a través dos resultados obtidos do programa de vixilancia e control desenvolto durante o ano 2014 e que resulta accesible no apartado de apicultura na páxina web da Consellería.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



